O BNG alerta de que "o gran desafiuzamento dos gandeiros está por chegar"
A formación nacionalista denuncia que o sector leiteiro perdeu un 43% do seu poder adquisitivo nos últimos 5 anos. Representantes de Unións Agrarias concentráronse esta mañá na Delegación do Goberno na Coruña.
A Asociación Roberto Vidal Bolaño sobe o pano
O colectivo está integrado por Belén Quintáns, Roi Vidal, Rubén Ruibal, Antón Dobao, Francisco Macías, Xosé Manuel Fernández Castro e Camilo Franco, que impulsarán un programa de actividades de difusión da figura e da obra do dramaturgo.
A Xunta financiará os contratos dos programas 'Ramón y Cajal' e 'Juan de la Cierva'
A Consellería liberará ás universidades e centros galegos que acollan os bolseiros de pagar o complemento das axudas convocadas polo Ministerio de Economía. O obxectivo é que Galicia mellore nos ranquins internacionais de investigación
AGE esixirá a comparecencia de Feijoo no Parlamento para que se posicione sobre a LOMCE
Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz cualifican a lei de educación proposta polo PP como “regresiva, antidemocrática e devólvenos aos tempos de Franco” despois dunha xuntanza con representantes da Plataforma pola Defensa do Ensino Público.
Guindos, o peor ministro de Economía de Europa segundo o Financial Times
A clasificación está encabezada polo alemán Wolfgang Schaeuble. Os responsables do estudo salientan que o responsable español de finanzas "segue infravalorando a importancia da burbulla inmobiliaria e da crise"
“Mamá, por que non morremos a última vez?”
O blog Diario de Palestina recolle un texto do escritor gazatí Ahmed Masoud residente en Londres que di: "Teño o dereito a retornar. O meu fillo de tres anos ten o dereito a retornar. Non queremos un ceseamento do fogo que nos traia máis humillación, queremos unha paz que nos devolva a nosa dignidade".
Un 25-N contra todas as agresións ás mulleres
Forzas políticas e sindicais preparan o día contra a violencia machista subliñando o rexeitamento ao maltrato físico e tamén a outro tipo de accións violentas no ámbito económico ou legal
Tres de cada dez asalariados galegos cobra menos de 1.218 euros
Case o 18% dos traballadores de Galicia teñen un salario inferior aos 1.008 euros, segundo os datos feitos públicos polo INE.
O Museo Interactivo da Historia de Lugo nace cunha mostra de arte galega contemporánea
Na mostra A obra elixida, artistas galegos dos últimos 30 anos son os propios artistas os que escollen unha obra súa, representativa da súa traxectoria, para esta exposición, convertida así nunha antoloxía da Arte Contemporánea galega.
O BNG abandona o Goberno municipal de Lugo
A Asemblea Local da fronte tomou a decisión por 38 votos contra 12 ante a negativa de Orozco a dimitir despois de ser imputado no caso Pokemon. Non facilitará o acceso do PP á Alcaldía. Audio no interior.
Necesita Ribadumia catro campos de fútbol?
O BNG denuncia que o Goberno municipal aprobou gastar 420.000 euros para mercar os terreos nos que construir un cuarto campo de fútbol para un Concello de 5.000 habitantes.
Bruxelas aproba o novo 'tax lease' e dá aire ao naval galego
Asegura que o novo sistema proposto polo Goberno español non é unha axuda pública.