A Audiencia Nacional rexeita imputar a Méndez pola súa xestión en Caixa Galicia
O tribunal desestima unha denuncia presentada por un cliente da entidade, que pedía que tamén se xulgase o ex director xeral da caixa e os seus fillos.
O Parlamento Europeo rexeita o ACTA, que queda ferido de morte
Unha amplísima maioría dos deputados (478 votos contra 39) vota en contra do polémico acordo comercial e practicamente fai imposible a súa aplicación.
Stop Desahucios denuncia que NGB cometeu un delito de usurpación da propiedade
O colectivo estuda iniciar accións legais contra o banco, ao que acusa de romper o fecho dunha vivenda en Cambre da que a entidade só ten o 50% da propiedade e sen notificalo previamente.
Burela xa é de primeira
A Liga Nacional de Fútbol Sala aprobou a composición da máxima categoría para a vindeira tempada, e o F.S.Burela será un dos equipos participantes, acompañando a Lobelle Santiago e Azkar Lugo.
Así se fixo o lipdub 'Eu Falarei'
O vídeo, gravado polos mestres, pais, nais e alumnos do IES Chapela, tivo case 15 mil visitas en pouco máis dunha semana.
Sagan contra todos
Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, está inmerso este mes no relato do Tour de Francia, que arrancou con sucesivas chegadas en grupo nas que, con permiso de Cavendish, destacou Peter Sagan
Liga e Comités rexeitan a suba das taxas universitarias para as matrículas sucesivas
O Consello Galego de Universidades aprobou este luns os prezos para o vindeiro curso, cunha conxelación das taxas para a primeira matrícula, pero subas do 20 % para a segunda matrícula, un 66 % para a terceira e un 90 % para a cuarta, que se aplicarán de maneira progresiva durante tres anos.
Por unha transición xusta a unha economía sen carbón
Un claro no bosque, o blog sobre ecoloxismo social e biodiversidade de Praza, salienta o comunicado publicado por Ecoloxistas en Acción, que reclama "garantir o emprego nas concas mineiras", pero avanzando "cara a un futuro sen carbón", que é "o maior inimigo do clima"
O paro baixa en Galicia 7.405 persoas en xuño
O descenso no conxunto do Estado é de case cen mil desempregados, a maior diminución dende 1996, e queda en 4.615.269. En Galicia segue habendo 269.203 persoas sen emprego e CC.OO. e UGT consideran que o descenso é "puramente estacional" e a CIG alerta do incremento do risco de exclusión social
CCOO e CIG esixen que Educación negocie xa os cadros de persoal de secundaria
Comisións denuncia que Consellaría quere adiar a decisión a setembro para impor os recortes de persoal como "unha política de feitos consumados" e o sindicato nacionalista convoca o profesorado substituto a unha concentración este mércores en San Caetano
A candidatura de Ourense como capital europea da cultura en 2020 colle forza
A iniciativa parte da Asociación proCentenario Nós 2020, que busca conmemorar os cen anos da Xeración Nós e da propia revista, que comezou a publicarse en 1920.
O desemprego xuvenil segue crecendo e supera o 52% en España
Eurostat vén de publicar os datos harmonizados, correspondentes a maio, cun novo ascenso para a taxa española, trinta puntos superior á media dos 27 (22%) e só equiparable á de Grecia.