A produción industrial volve caer en Galicia, desta vez un 3,6%
O índice de produción industrial caeu menos que a media estatal no último mes de xuño, pero acumula un descenso do 7,3% no primeiro semestre do ano.
A normativa sobre despido colectivo deixa "indefenso" ao persoal laboral das administracións
A regulación que prepara o Goberno permitiría regulacións de emprego público por falta de dotación orzamentaria, algo "devastador", segundo denuncian as centrais sindicais.
Xa son 26 os laudos favorables aos afectados polas preferentes
Son "persoas que realmente compraron produtos enganados e sen coñecer exactamente as condicións", tal e como aclarou o conselleiro Guerra, polo que Novagalicia Banco deberá reembolsarlles os cartos.
O PP insiste en recortar o Parlamento e di non aceptar "chantaxes de minorías"
Asegura que reducirá o número de deputados con ou sen consenso, pero tende a man ao PSdeG sempre que se cumpran as súas condicións. Rexeita negociar co BNG porque está "moi radicalizado".
O BNG censura as medidas dun Goberno estatal "mentireiro e covarde"
A deputada do Bloque no Congreso, Olaia Fernández Davila, insiste en que os novos axustes do Executivo "agravarán" a crise e a recesión e lembra que hai "alternativas" que o Estado se nega a aplicar.
Verdegaia pide que as Illas Atlánticas deixen de ser Parque Nacional "se continúan as prácticas destrutivas"
O colectivo ecoloxista denuncia que as illas seguen sen Plano Reitor de Uso e Xestión e que nelas estanse a realizar "brutais desbroces" que "afectan a flora autóctonae a mortandade de vertebrados e invertebrados".
Rajoy di que non decidiu sobre o rescate e asume que os recortes non deron resultado
O presidente do Goberno asegura que esperará a que o BCE concrete as súas medidas de axuda para decidir sobre acudir ou non ao fondo de rescate. Recoñece que os axustes aínda non trouxeron efectos positivos, pero asegura que continuará coas reformas.
A Xunta teima en recortar o ensino público e elimina 200 docentes en Infantil e Primaria
O DOG publica este venres a redución de 132 unidades e 199 postos de traballo logo de anunciar a supresión de 1.000 en Secundaria e de 49 postos máis nas escolas infantís. A CIG denuncia o peche de "centros enteiros" e cualifica a Feijóo de "campión do desemprego na ensinanza pública".
A Xunta ameaza con que o Goberno inteverveña Andalucía e Catalunya
O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, lembra que a aplicación do artigo 155 da Constitución "é unha posibilidade real que está na normativa", aínda que insta as autonomías a que fagan "un esforzo de responsabilidade".
O FMI di que non se fixo dabondo contra a crise e censura a eurozona
Pide "un cambio nas políticas de xogo", xa que cre que non se actuou o suficiente para "evitar a propagación da tensión".
Rajoy evita aclarar se pedirá o rescate, pero Monti non o descarta
O presidente do Goberno non contesta se España pedirá o rescate á UE, logo de que o BCE diga que é unha condición para comprar débeda, o que provoca outra forte suba da prima de risco.
Compromiso propón reducir en 2.000 euros o soldo de cada deputado
A formación nacionalista pide tamén a diminución nun 25% das subvencións aos grupos e dun 30% o gasto corrente como alternativa á redución de deputados que "dificulta a expresión parlamentaria da pluralidade política existente entre a sociedade galega".