Para que ten que servir a comisión de investigación das caixas?
O blog de análise económica galega A furada do trasno lembra que a comisión de investigación no Parlamento galego "debe centrarse en analizar as claves políticas" da xestión das entidades e das razóns da súa desaparición. Enumera os aspectos "estritamente políticos" sobre os que se deberían deitar luz, pero sospeita que "non hai ningunha intención" de dar resposta ao esencial.
Europa acepta o rescate directo á banca española
O fondo de rescate deixará de ser acreedor preferente e flexibilizaranse as condicións para a compra de débeda. As medidas intentan aliviar a presión dos mercados sobre a débeda e a noticia traspasou a euforia á Bolsa e reduce o nivel da prima de risco
Francisco Rodríguez: "O cambio fundamental viría cunha República galega"
O histórico dirixente nacionalista ve "fundamental" a "cuestión da soberanía" e coida que a bandeira da II República española "non representa a Galiza"
Galiza Nova 'traviste' o Papa Benedicto XVI
As mocidades do BNG realizan un acto simbólico na estatua que o pontífice ten en Compostela para reivindicar “políticas que recoñezan a igualdade de dereitos para todas e todos" no Día do Orgullo LGBT
Marful pechan a súa xira rodeados de vacas
Este domingo 1 de xullo ofrecerán un concerto na granxa Maruxa de Monterroso, no contexto da feira da vila. Será o derradeiro concerto da Xira Surreal, e coma sempre acompañada de comida e nun escenario único.
O galego Juanjo Amorín, director de contidos de Terra.es, que se converte en xornal dixital
Amorín, que foi director de 20minutos.es e fundou a guía de ocio local e social Kedin.es, será o responsable do novo medio xornalístico, que aplica a España o modelo xa experimentado con éxito en América Latina, e que contará con varias ducias de profesionais.
Reganosa funcionou 260 días por debaixo do mínimo técnico de seguridade en 2011
A Comisión Nacional da Enerxía publica os datos de actividade no pasado ano das seis plantas regasificadoras do Estado e a de Mugardos é a única que tivo na meirande parte dos días unha actividade por debaixo do que se considera seguro
Gayoso dimite como presidente de Novacaixagalicia
O copresidente abandona a entidade tras numerosas presións para que abandonase e logo de que a Audiencia Nacional admitise unha querela contra el e outros catro ex directivos. NCG acepta converterse en fundación.
O amor dos chineses
A xornalista galega Adriana Valiño descríbenos en Gongbaojiding, o blog de Praza Pública sobre China, como é aquel país e como son os seus habitantes. Esta semana fala sobre como son as parellas asiáticas.
EGANET crea un consorcio de empresas para o comercio electrónico
Está constituído por unha ducia de compañías, co obxectivo de sumar forzas e coñecementos para aumentar as posibilidades do sector TIC galego neste campo en crecemento.
Tristan comeza a poñerlles nome ás cousas
Se o vello Sinbad tivese fillos, o blog de pais e nais de Praza, fala do proceso -primeiro os choros, despois o verbo, despois o nomear o mundo- que seguen os cativos e cativas: de non a pan, pasando por tato e aba
Causa Galiza chama a participar na Asemblea Nacional constituínte
A organización celebrará un Plenario o día 8 de xullo, uns días antes da AN, que terá lugar o 14. Salienta que "a idea da soberanía comeza a situarse no debate político"