Falece Avelino Pousa Antelo, memoria e dignidade do galeguismo
O presidente da Fundación Castelao tiña 98 anos e o seu pasamento engádese ás desaparicións recentes de Isaac Díaz Pardo, Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla. A capela ardente instalarase no Concello de Teo este martes ao mediodía.
Dous economistas advirten no Financial Times que "o tempo acaba" para España
O artigo de Jesús Fernández-Villaverde e Luis Garicano esíxelle a Rajoy unha política máis activa, e acúsano de crer que os problemas se resolven sós e de confundir "reformas con recortes"
Galicia acollerá en 2013 o festival europeo de xogos tradicionais
As actividades principais, organizadas por Brinquedia, celebraranse entre Ourense e Compostela e incluirán eventos pasa os centros de ensino e espazos de debate e divulgación.
Os afectados polas preferentes levan a protesta a Sanxenxo
Esperan reunir máis de cinco mil persoas nunha marcha que comezará ás once da mañá deste sábado, continuando coa estratexia de protestar “onde veranean os banqueiros”. Este venres concentráronse en Santiago, A Coruña, Pontevedra, Vigo, O Grove, Sanxenxo, Cangas e A Guarda, pechando varias oficinas de NGB e reclamando a devolución íntegra dos seus cartos.
As persoas á espera de axudas de dependencia multiplicáronse por cinco, segundo o PSdeG
Os socialistas denuncian que Feijóo quere “suprimir a Lei da Dependencia e erradicar a axuda pública a domicilio” para privatizar este servizo.
De Bóveda a Ánxel Casal, días da memoria
Este venres celébranse varias homenaxes ao galeguista asasinado en Poio en 1936 e o domingo Cacheiras acolle un acto de lembranza ao alcalde compostelán. Ademais, o sábado ADEGA e O Galo organizan na Ulloa unha homenaxe ás vítimas da represión.
O eurodeputado Reinhold Butiköfer visita Corcoesto para denunciar o proxecto mineiro
Acompañado por Ana Miranda (BNG), manterá un encontro este sábado coa Plataforma en Defensa de Corcoesto para continuar a denuncia perante a Comisión Europea.
'Festival' escríbese con V de Valarés
A aldea de Ponteceso acolle os concertos de Fuel Fandango, Sex Museum, Dolores ou Grises, nunha fin de semana na que tamén destaca o Festival do Castro en Pantón (La Troba Kung-Fú, Ataque Escampe) ou o Arteficial de Ribadavia (Guadalupe Plata, Unicornibot)
Se o Concello non o fai, facémolo nós
O colectivo cidadán ferrolán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos levará a cabo este sábado a súa segunda acción de limpeza nunha propiedade de dominio público en estado de abandono. Neste caso será a a batería militar de San Cristovo, que servirá como denuncia do "desleixo" do goberno municipal de José Manuel Rey Varela.
A 'Vuelta' máis galega... case sen galegos
A rolda ciclista, que percorrerá unicamente o norte de España, comeza este sábado e contará con cinco etapas en Galicia. O seu percorrido, con moita montaña, converte en favorito a Contador no seu regreso á gran competición, fronte a un Froome que -agora si- lidera o Sky e con permiso de Van den Broeck, Purito Rodríguez, Cobo ou Antón. A representación galega redúcese a Gustavo César Veloso.
"A poesía de Darwix chega a todo o mundo porque é o berro dun pobo"
Moncho Iglesias e Samar Sabat traducen ao galego o poeta palestino en Carné de Identidade, unha escolma bilingüe de 48 textos que constitúe ademais o primeiro libro traducido do árabe para o galego.
Ponteareas: Cambio de alcalde, saneamento ou intervención?
Ante a crítica situación económica do Concello, o BNG esixe a dimisión do actual rexedor, Salvador González Solla, como condición para apoiar un plan de saneamento que evite a intervención. CxG pídelles aos grupos da oposición que cheguen a un acordo co goberno municipal ou que propoñan unha alternativa