Os medios en galego celebrarán a súa festa o 27 de abril
Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 24 medios de comunicación na lingua propia, organiza un festival na Gentalha do Pichel, no que actuará Terbutalina e que comezará cun festival poético a cargo de Olalla Cociña, Xia Arias, Alicia Fernández e Gonzalo Hermo. As entradas saen a só 4 euros (5 o día do concerto) e haberá unha fila cero para os que queiran colaborar aínda máis a 10 euros. Todos os beneficios do festival serán destinados a sufragar o mantemento da propia campaña e dos medios en galego, que nos últimos anos sufriron importantes baixas.
As axudas ás industrias culturais descenden por segundo ano consecutivo
As subvencións que concede AGADIC terán un orzamento de 1.290.000 euros en 2012, por 1.370.000 do 2011 e 2.100.000 en 2010. A Axencia tamén convocou este xoves as axudas á produción audiovisual, cunha contía de 2.9 millóns, o mesmo que o ano pasado, pero moi lonxe dos 4.9 millóns de 2010.
O comercio electrónico ábrese paso en Galicia
Este xoves celébrase en Compostela CONECOM, a primera Confererencia sobre Ecommerce en Galicia. O obxectivo é formar e darlles as ferramentas de traballo ás pemes e ás novas iniciativas empresariais para crear un sector competitivo
Os convocantes do paro deste xoves no ensino medio agardan "unha folga masiva"
A Mesa, a Liga Estudantil Galega, os Comités e o Sindicato de Estudantes, co apoio de Esquerda Unida, Galiza Nova e a MNG, chaman á mobilización "para parar os ataques ao galego" e denuncian que a porcentaxe semanal de horas que se imparten en galego non chega ao 20%.
O BNG esixe "condicionar calquera cambio" da situación accionarial de NGB a unha solución das preferentes
Carlos Aymerich presenta unha proposición non de lei para garantir que os afectados poidan cobrar o 100 % do seu investimento antes de que se resolva o futuro da entidade.
Leo Bassi 1 - Conde Roa 0
Coa dimisión do alcalde compostelán polas súas débedas con Facenda péchanse quince días dun espectáculo que pouco axudou á imaxe da cidade. No especial dedicado a este tema podedes seguir a evolución dos acontecementos, dende a prohibición de que Leo Bassi actuase no Teatro Principal, as revelacións sobre o fraude cometido por Conde Roa ou o acto convocado polo cómico italiano no Obradoiro, que podedes ver neste vídeo.
As propostas de Wert poderían supor a perda de 2.000 empregos de mestres interinos e substitutos, segundo a CIG
O sindicato pediulle á Xunta que non aplique as medidas suxeridas polo Ministerio de Educación, que segundo Anxo Louzao levarían a un aumento do fracaso escolar, ao impedir "unha atención personalizada e individualizada".
Expertos en liberación de datos reuniranse este mércores en Compostela
Alberto Ortiz de Zárate, director de Atención Cidadá do Goberno Vasco, David Cabo, da Fundación Civio, e Carlos de la Fuente, da Fundación CTIC, debaterán na Cidade da Cultura convidados polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Axencia de Modernización de Galicia (Amtega).
Un proxecto galego participará no evento de programación en código aberto 'Google Summer of Code'
A empresa Cidadanía, membro de AGASOL, presentou o proxecto e-cidadanía, sobre o que se traballará no Google Summer of Code, un evento organizado anualmente pola compañía, que ofrece a e estudantes unha remuneración para poderen participar programando durante o verán en distintos proxectos de código aberto.
O ano que vén máis e mellor
Praza PúblicaADEGA denuncia que dende o outono arderon máis de 16 mil hectáreas en espazos protexidos
Os lumes afectaron os LICs de Baixa Limia-Xurés; Macizo Central; Pena Trevinca; Pena Maseira; Ancares-Courel; Canóns do Sil e Pena Veidosa. A asociación denuncia que a Xunta "que agora proclama ter un plan para rexenerar as Fragas (750 hectáreas queimadas), non fixo ren para recuperar as 15.839 de valioso patrimonio natural arrasadas en menos de 6 meses".
Bruxas
Praza Pública