"A ciencia fala, os políticos non escoitan"
Coalición Clima, Amigos da Terra, Verdegaia, Adega, SGHN, CC OO, SEO/BirdLife, Greenpeace e Ecologistas en Acción concentráronse este luns en Vigo na primeira xornada da reunión do Panel Intergobernamental de Cambio Climático. Reclamáronlles aos gobernos que escoiten as recomendación dos expertos que esixen unha redución das emisións contaminantes.
Beiras será voceiro parlamentario de AGE e Díaz, vicevoceira
Alternativa Galega de Esquerda celebra a súa primeira xuntanza para coordinar a acción da coalición no Parlamento
A CIG ve na Lei de Garantías Sanitarias un intento de privatización da Sanidade
Considera “unha desfeita” o anteproxecto de lei presentado polo PP e advirte de que o Sergas" será incapaz de cumprir os prazos máximos de 60 días para intervencións cirúrxicas e de 45 días nas consultas" e que dará maior participación á privada.
Carod, Maragall e Romeva chaman a conformar unha nova esquerda catalá
Os tres políticos reclaman que despois do 25N se inicie un proceso de construción dunha nova esquerda nacional que sexa alternativa de goberno e "decisiva" no debate soberanista.
Folga de entregas de leite contra "o espolio inmoral que sofren os gandeiros galegos"
Os gandeiros anuncian accións "contundentes" contra "industria, distribución e administracións" e deixarán de entregar o produto a partir do vindeiro 27 de novembro nunha decisión "histórica".
Do CERN á aula: ciencia en galego
Co gallo da celebración do III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego, a coordinadora de equipos de normalización lingüística organiza un conferencia de cinco investigadores e investigadoras galegas que investigan a físicas de partícula. O debate seguirase en directo dende un cento de centros de ensino de toda Galicia.
80 papaventos negros lembrarán nas praias da Costa da Morte a catástrofe do Prestige
O mallorquín Martí Monjo prepara unha accíón visual para lembrar o décimo aniversario do Prestige: o 3, 4 e 5 de xaneiro fará voar 80 papaventos negros nas praias do Rostro (Fisterra), do Coido (Muxia) e de Traba (Laxe). Busca voluntarios para coselos e voalos.
Galicia suma case 8.500 parados máis e alcanza unha cifra récord de desempregados
O paro aumenta en outubro un 3,2% fronte ao 2,7% do conxunto do Estado, que acada tamén números históricos. A comunidade autónoma ten un 10,6% de parados máis que hai un ano.
Redes sociais: A saída da crise para as pemes?
A Adega María do Pilar de Castrelo do Miño é un exemplo de empresa de pequeno tamaño que se lanza a empregar a rede como forma de sortar a crise, principalmente a través de twitter e un blog.
Pachi Vázquez: "O responsable da derrota son eu, pero o problema do PSOE é máis amplo"
Nunha entrevista concedida á Cadena Ser o líder do PSdeG-PSOE afirma que non vai "saír correndo" e rexeita a conformación dunha xestora. Reafírmase na súa intención de pilotar a transición do partido até o congreso nacional do vindeiro ano.
A Batería de San Cristovo: Outro espazo público recuperado
O grupo cidadán que se dedica a recuperar espazos públicos na comarca de Ferrol finaliza os traballos nesta instalación militar abandonada. Anuncia que a vindeira semana comezará a intervir noutro lugar. Volve denunciar o desbalde de 700.000 euros nas obras da Praza de España.
Merkel pide cinco anos máis de austeridade para saír da crise
Nun congreso rexional da CDU a canciller aposta por manter a austeridade en Europa durante cando menos cinco anos "para convencer o mundo de que vale a pena investir na UE". Prégalles aos demais países que "aguanten a respiración".