'Pokemon': entre a opacidade de Véndex e as dúbidas polo momento escollido para a investigación
Francisco Rodríguez declara este sábado pola mañá no xulgado de Lugo. Adolfo Gacio, alcalde popular de Boqueixón, ficou imputado por seis delitos, entre eles suborno, prevaricación e blanqueo de diñeiro.
"A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos"
A Marcha Mundial das Mulleres lanza unha campaña en dez países para denunciar o agravamento da situación mulleres provocado polas políticas "que os diferentes gobernos conservadores están a pór en práctica coa escusa do crise económica".
As cidades galegas, tomadas polos vehículos privados
Un estudo de Siemens sitúa as urbes de Galicia lonxe dos mellores indicadores de sustentabilidade e sinala especialmente os problemas de mobilidade da Coruña e Vigo. Neste senso, un informe elaborado polo Espazo Ecosocialista denuncia que nas dúas urbes entran cada día 250.000 e 220.000 vehículos e reclama medidas para fomentar o transporte público e a bicicleta.
Haberá tres debates a dous entre PPdeG, PSdeG e BNG
O luns 8 de outubro será a quenda de Núñez Feijoo e Pachi Vázquez. O martes 9 debaterán Vázquez e Jorquera. E o mércores celebrarase o encontro entre o candidato do PP e o do BNG. Terán lugar na CRTVG.
O Departamento de Filoloxía Galega da USC manifesta o seu malestar pola perda de prazas de profesores
Critica que a universidade decidise prescindir de tres profesores asociados, que unen á xubilación doutros dous docentes, a perda dunha investigadora do programa Parga Pondal ou a impugnación do proceso de promoción dunha profesora á categoria de titular.
Acusan a Xunta de mentir sobre o twitter en galego "para poder presentar algún adianto para a lingua"
Carlos Callón pídelle ao Goberno galego que pida perdón por se apropiar "dunha conquista realizada pola presión social e na que non tivo absolutamente nada a ver”. Insta a Feijoo a permitir que a materia de Tecnoloxía se imparta en galego.
Convocan manifestacións pola industria en Ferrol e Vigo en plena campaña electoral
CCOO e UGT protestarán nas dúas principais cidades industriais de Galicia "contra as políticas de recorte que provocan a destrución do tecido produtivo e do emprego" no país.
A Xunta incumpre a súa promesa e cóbralles o canon da auga ás explotacións leiteiras
O SLG fai pública a factura que vén de recibir a Gandería Calvo Varela de Cardama (Oroso) na que aparece un cargo adicional de 78 euros. O Goberno galego comprometérase a que labregos e gandeiros estarian exentos dun pagamento que pode chegar aos 300 euros anuais.
Feijóo pedirá "responsabilidades" ao alcalde de Boqueixón "se corresponde"
O presidente da Xunta di respectar a "independencia xudicial" e asegura que o PP actuará "como ten actuado nos últimos anos" ante a implicación dos seus cargos en delitos de corrupción.
A semana que vén coñeceranse as condicións do rescate a España, segundo o Financial Times
O Goberno segue negando que se vaia solicitar a axuda polo de agora, pero moitas voces sitúan a petición oficial no xoves 27 de setembro. España aceptaría todas as esixencias de reformas estructurais requiridas pola UE
O IGADI reclama que o goberno que saia das eleccións do 21-O potencie a acción exterior
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional defende que debe ser entendida como unha "politica pública" e que Galicia debe resistir os intentos de recentralizar estas accións que ao seu xuizo se están producindo.
Médicos Sen Fronteiras instalou un 'check-point' fronteirizo no Obelisco da Coruña
Con este acto simbólico presenta o ciclo de actividades A Coruña Sen Fronteiras, que se desenvolverán até o 8 de outubro, con exposicións, proxección de documentais, un debate entres Manuel Rivas e José Antonio Bastos, presidente de MSF España, e unha gala solidaria no Teatro Colón.