A CIG mobilízase en precampaña e pide o voto para "forzas que se enfronten aos recortes"
A central nacionalista asegura que "votar o PP é condenar o país" e lembra que "o panorama social e económico de Galicia é preocupante e sen saída a curto prazo".
Mas lamenta "que se perdera unha oportunidade histórica" para o entendemento entre Catalunya e España
Rajoy comunicoulle que o Goberno central non tiña "marxe" para negociar o pacto fiscal e ofreceulle unha "mellora" do financiamento en 2013. Mas di que Catalunya terá que facer unha "gran reflexión", lamenta "que se perdera unha oportunidade histórica" e afirma que "evidencia que neste marco estatal non se pode avanzar".
Twitter autoriza o inicio do proceso de tradución ao galego
O Centro de Traducións inclúe a lingua galega na lista de idiomas que contarán cunha versión da rede social nos vindeiros meses. Tamén anima a todas as persoas interesadas en colaborar na tradución a que se inscriban.
Detidos os alcaldes de Ourense e Boqueixón por suposto tráfico de influencias
Francisco Rodríguez (PSdeG) e Adolfo Gacio (PP) son dous dos arrestados nunha operación na que se detiveron xa doce persoas, dez delas en Galicia, aos que se acusa de malversación de fondos públicos ou branqueo de capitais, entre outros delitos.
Elas tamén saben programar
O evento Rail Girls, que busca introducir cada vez máis mulleres no mundo da programación, celebrouse en Madrid a pasada fin de semana.
Anguita presenta a súa fronte cívica para "unha maioría social"
O ex coordinador xeral de IU afirma que "estamos nun momento de excepción", o que xustificaría a constitición desta fronte Somos Maioría, que xa suma 20 mil adhesións en toda España.
A 'Ruta Zombi' chega a Vigo
Este xoves pola tarde as rúas do centro da cidade encheranse de mortos viventes, nun evento organizado por Dolmen Editorial e a tenda Norma Cómics coa presenza do autor vigués Darío Vilas.
Unha parella de anciáns de Ferrol poden ser expulsados da súa casa por teren avalado a súa filla
M.V. e P.P., de 68 e 64 anos de idade, con problemas de saúde e pensións mínimas, poden perder a súa casa o vindeiro venres. Hai uns anos unha das súas fillas pediu un crédito hipotecario e eles actuaron como avalistas. Agora a filla non pode facer fronte ao pago da hipoteca pero curiosamente a vivenda suxeita á hipoteca non foi embargada.
Jorquera insta a Feijóo a aclarar se pactaría con Mario Conde
O candidato nacionalista, convencido de que "o delegado de Rajoy" en Galicia "non merece unha segunda oportunidade"
O Seminario Galego de Educación para a Paz lanza as súas propostas para os partidos de cara ao 21-O
Solicita o apoio para diversas reivindicacións, entre as que inclúe a "derogación inmediata" da subvención pública aso centros educativos que segregan por sexo, así como a "eliminación da exención do IBI da Igrexa".
A 'Frota da Liberdade' deixa este mércores Barcelona en dirección a Gaza
Ao redor do veleiro Estelle celebráronse durante tres dias de actividades de apoio ao pobo palestino, por exemplo un concerto no que participou de forma inesperada Manu Chao e tamén encontros con representantes da Generalitat e de varias formacións politicas coma EUiA, ICV e ERC.
Unha semana para emendar a Lei de Transparencia
O vindeiro 25 de setembro remata o prazo para presentar emendas a unha lei que vai camiño de defraudar todas as expectativas postas nela. A subordinación do dereito de acceso á protección de datos, que entidades coma a Casa Real ou os partidos queden á marxe dela ou que sexa xestionada por unha entidade dependete do Goberno, son algunhas das criticas.