Navantia, SEPI e Xunta rexeitan financiar o dique flotante tres días despois das eleccións
Negan que se poidan facer cargo do financiamento se non se reducen os custos logo da xuntanza da comisión de seguimento, pola que se levaba agardando meses. Os traballadores cren que o atraso foi "a propósito e por unha data electoral" e o PSdeG cualifícao de "sucia trampa".
Aymerich pide "unha ampla reflexión" sobre o BNG e reclama a celebración dunha asemblea
O líder de Abrente cre que cómpre "introducir todos os cambios que o BNG precisa" e que unha asemblea escenifique cara a fóra "o inicio dunha nova etapa". Chama ígualmente á "unídade" do nacíonalísmo.
Industria non aplicará a sentenza do Supremo contra Reganosa
O Ministerio anuncia que non adoptará medida ningunha pola sentenza que anula a modificación do PXOM de Mugardos e, segundo os grupos críticos coa regasificadora, todas as licencias e permisos posteriores. O Goberno central escúdase en que o Concello volveu modificar o plan xeral a posteriori.
Pistas de pádel: "servizos básicos para a poboación rural", segundo a Xunta
Entre os 4,5 millóns de euros de axudas a proxectos dinamizadores das áreas rurais galegas cofinanciadas polos fondos ruropeos figura un investimento de 423 mil euros en pistas de pádel. ADEGA acusa o Goberno de "converter o desenvolvemento rural sostible nun instrumento ao servizo da súa política clientelar".
A revista 'Cafè amb llet' terá que pagar 10 mil euros por denunciar a corrupción na sanidade catalá
A publicación realizou un vídeo titulado O maior roubo da historia de Catalunya no que acusaban o presidente do Parc de Salut de Barcelona e asesor de Presidencia, Josep Maria Via Redons, de promover un menor control público da xestión dos hospitais. O xulgado obrígaos a pagarlle 10 míl euros.
Beiras: "AGE ten que ser unha ponte entre a cidadanía activa e o Parlamento"
Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz adiantan que a actividade da súa formación nos vindeiros meses se apoiará nas organizacións sociais "que coñecen mellor que ninguén os seus ámbitos e formulan alternativas ao existentes" e chaman os cidadáns a "tomar as rúas para tomar o poder".
Rubalcaba advirte ao Goberno que a maioría de Feijóo "non supón un cheque en branco"
Montoro critica a deriva do PSOE nas eleccións galegas e Mariano Rajoy cre que a vitoria do PP en Galicia "referenda" as políticas de recortes do PP.
Preséntase o 'Manifesto en defensa dun xornalismo ao servizo da cidadanía'
O texto demanda unha lei de transparencia e acceso á información pública e "erradicar a precariedade laboral dos periodistas". Foi realizado polo Foro de Organizacións de Xornalistas, do que forman parte o Colexio de Xornalistas, o Sindicato de Xornalistas e as agrupacións de periodistas de CC.OO. e UGT.
Suspenden o xuízo contra os acusados de rebentar a manifestación de Galicia Bilingüe
A xuíza decreta a nulidade da vista por un erro do fiscal, que quería incluír novos delitos contra algúns acusados co xuízo en marcha. O proceso volve ao xulgado de instrución para que redacte de novo os escritos de acusación.
Castellano di que as protestas polas preferentes "están politizadas" e celebra a vitoria do PP
O presidente de Novagalicia Banco asegura que uns 10.000 clientes xa recuperaron os cartos e considera que os afectados da entidade galega "son os que fan máis ruído". Confirma que o FROB venderá a súa parte no Banco Gallego e que EVO tamén está en venda.
As xornadas de Escena Galega reivindican o teatro como servizo público
O encontro, que se celebrará o vindeiro luns no Consello da Cultura, achegará a perspectiva de profesionais alleos ao sector, e quere situar na primeira liña de debate a promoción cultural como un deber fundamental das administracións públicas.
O gasto en pensións sobe un 4,4% mentres as de Galicia seguen sendo as máis baixas
As pensións galegas continúan sendo as máis baixas do Estado, cunha contía media de 699,76 euros mensuais. O aumento da contía destinado ao seu pago dificulta a súa actualización segundo o IPC.