A participación ao mediodía baixa máis de tres puntos respecto á de 2009
O 12,71% dos electores xa acudira ás urnas até as 12 horas, fronte ao 16,1% nas eleccións de hai catro anos. O descenso prodúcese en todas as provincias e todas as comarcas do país.
Militares israelís asaltan o barco 'Estelle' a 38 millas de Gaza
Unidades da Armada interceptaron o buque en augas internacionais e traslad´rono ao peirao de Ashdod.
A Policía carga con dureza durante o mitin final do PP en Ourense
Os axentes cargaron contra estudantes e afectados polas preferentes no peche de campaña do Partido Popular. "Foi brutal, desproporcionada e arbitraria", denuncia nun comunicado o colectivo Estudantes sen Futuro.
Guía para seguir as eleccións autonómicas deste domingo
Case 2,23 millóns de galegos están chamados a votar este domingo nunha xornada que comezará ás 9 da mañá. Os resultados definitivos coñeceranse a partir das 22 horas.
Rajoy utiliza un avión do Exército para viaxar ao peche de campaña en Galicia
O presidente do Goberno desprazouse de Bruxelas a Vigo nun Falcon, malia criticar con dureza que Zapatero usase a mesma aeronave para viaxar a actos do PSOE. Feijóo non vía "axeitado usar avións do Exército para acudir a mitins" hai dúas semanas.
Báscuas chama ao "voto útil" á súa formación para "evitar a maioría do PP"
O candidato á Xunta pola formación galeguista pecha a campaña en Ourense acompañado dos outros tres cabezas de lista.
Pachi Vázquez anima a "manifestarse" coas "papeletas do PSdeG como pancartas"
O candidato socialista pechou a campaña acompañado por Rubalcaba en Pontevedra e Santiago, onde reuniu unhas dúas mil persoas. Prometeu "gobernar para as persoas" e coa "verdade" como base, fronte "ás mentiras de Feijoo".
Os partidos pechan a campaña coa vista posta no escano 38
Feijoo en Vigo e Ourense, Vázquez en Pontevedra e Santiago, Jorquera en Vigo, Beiras na Coruña e Bascuas en Ourense celebran os mitins finais dunha campaña que pasou por xornadas de tedio, pero que se foi quentando nos últimos días con Pemex, a folga xeral do 14N e o rescate europeo de fondo.
Aquel home de sombreiro e bigote
O Salón Teatro acollerá o sábado 27 a homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, conducido por Carlos Blanco e no que participarán Chévere, Ataque Escampe, Mini e Mero, O Leo e varios integrantes de Teatro do Aquí. O acto destacará a actividade pioneira no teatro galego de Vidal Bolaño, que "tivo que facer case tanto traballo coma unha Consellaría"
O BNG emenda á totalidade as contas do Estado de 2013, "o orzamento da banca"
A nacionalista Olaia Fernández Davila ve nos segundos orzamentos de Rajoy a "claudicación ante Alemaña e os mercados" e vaticina recortes inmediatamente despois das eleccións galegas
Máis de douscentos intelectuais galegos apoian a Alternativa Galega para o 21-O
Entre os asinantes destacan Méndez Ferrín, Alonso Montero, Julián Hernández ou Manuel Rivas. Censuran a política cultural da Xunta e destacan "a unión nun mesmo proxecto de intervención política de dúas tradicións tan insignes coma as que representan hoxe Anova e EU". Listaxe completa dos asinantes no interior.
Piden máis de 45 anos de cadea para doce detidos por manifestarse contra Galicia Bilingüe
Serán xulgados a vindeira semana por protestar contra a polémica marcha "contra la imposición del gallego" de febreiro de 2009.