Praza Pública

Praza Pública

  • De Bóveda a Ánxel Casal, días da memoria

    Este venres celébranse varias homenaxes ao galeguista asasinado en Poio en 1936 e o domingo Cacheiras acolle un acto de lembranza ao alcalde compostelán. Ademais, o sábado ADEGA e O Galo organizan na Ulloa unha homenaxe ás vítimas da represión.

  • 'Festival' escríbese con V de Valarés

    A aldea de Ponteceso acolle os concertos de Fuel Fandango, Sex Museum, Dolores ou Grises, nunha fin de semana na que tamén destaca o Festival do Castro en Pantón (La Troba Kung-Fú, Ataque Escampe) ou o Arteficial de Ribadavia (Guadalupe Plata, Unicornibot) 

  • Se o Concello non o fai, facémolo nós

    O colectivo cidadán ferrolán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos levará a cabo este sábado a súa segunda acción de limpeza nunha propiedade de dominio público en estado de abandono. Neste caso será a a batería militar de San Cristovo, que servirá como denuncia do "desleixo" do goberno municipal de José Manuel Rey Varela.

  • A 'Vuelta' máis galega... case sen galegos

    A rolda ciclista, que percorrerá unicamente o norte de España, comeza este sábado e contará con cinco etapas en Galicia. O seu percorrido, con moita montaña, converte en favorito a Contador no seu regreso á gran competición, fronte a un Froome que -agora si- lidera o Sky e con permiso de Van den Broeck, Purito Rodríguez, Cobo ou Antón. A representación galega redúcese a Gustavo César Veloso.

  • Ponteareas: Cambio de alcalde, saneamento ou intervención?

    Ante a crítica situación económica do Concello, o BNG esixe a dimisión do actual rexedor, Salvador González Solla, como condición para apoiar un plan de saneamento que evite a intervención. CxG pídelles aos grupos da oposición que cheguen a un acordo co goberno municipal ou que propoñan unha alternativa

  • O Foro do Camiño Primitivo acusa a Xunta de desprotexer esta vía compostelá

    A plataforma, que agrupa 30 colectivos, esixe que o Goberno galego incremente os 30 metros previstos de protección intensiva e que se inclúan na delimitación oficial treitos da calzada orixinal agora ausentes. Advirte que do contrario solicitará da UNESCO a paralización cautelar do expediente de declaración como patrimonio mundial.

  • As letras de primeira man

    O crítico literario Ramón Nicolás vén de abrir no seu popular blog Caderno da Crítica un espazo para a publicación de manuscritos inéditos de autores e autoras galegas. Celso Emilio Ferreiro inaugurou a sección, na que tamén se poden atopar textos de Fernández Paz, Marta Dacosta, Rodríguez Fer, Neira Vilas, Carmen Blanco ou Arturo Casas.

  • Paredes de Coura: 20 anos de música na 'raia'

    O festival, que comezou baixo a chuvia, ofrece até este venres as actuacións de Midlake, Sleigh Bells, Digitalism, dEUS, Kasabian, Of Montreal, Gang Gang Dance, Crystal Fighters, The Go! Team ou Best Youth. Celebra as súas dúas décadas de historia atraendo como todos os anos milleiros de galegos e galegas.