O PSdeG pídelle a Feijoo que aclare se vai haber un "despido colectivo de empregados públicos"
O deputado Lage Tuñas vén de presentar no Parlamento unha interpelación urxente ao Goberno galego para coñecer se se están a preparar medidas laborais no emprego público "ao fío do inminente Real Decreto do Goberno Rajoy”.
O Goberno negocia coa UE que os afectados polas preferentes recuperen os seus cartos en seis anos
Segundo publicou este martes o Financial Times, o Executivo español estaría tentando que as institucións europeas acepten que a quita esixida polo acordo do rescate bancario (pola que os clientes perderían entre un 50 e un 70 por cento do seu investimento) se compense nun prazo de catro a seis anos cun alto interese para os seus depósitos.
Medalla de ouro en recortes en cultura
O mapa europeo dos recortes culturais, creado por The Guardian, segue crecendo coas achegas dos lectores e amosa que España e Galicia están á cabeza das tesoiradas en estruturas, equipamento e programación cultural.
Vas á praia? Mira primeiro o móbil
Cada vez hai máis aplicacións para smartphones centradas no verán. Por exemplo, Meteoplayas, con información detallada do tempo e as condicións do mar de todos os areais de Galicia. Ou outras centradas nos portos deportivos do país.
EU acusa a Negreira de gobernar na Coruña "con espírito revanchista"
Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal actúa "dende o rancor e a ira" bloqueando sistematicamente as iniciativas da oposición e critica a "apresurada" aprobación do novo PXOM no medio das festas para "evitar o control da cidadania"
Epístola vespertina a Don Núñez Feijoo
Praza Pública
O Goberno xustifica a detención do fotógrafo, ao que acusa de agresións e "forte resistencia"
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra asegura que un policía tivo que ser "atendido de lesións no nariz e na cara", defende a actuación dos axentes en Peinador e acusa os xornalistas de "invadir a zona libre de seguridade". O alcalde de Pontevedra censura "a violencia gratuíta e innecesaria" das forzas de seguridade.
O Executivo prorroga a axuda de 400 euros, pero introducirá modificacións
Anunciono Mariano Rajoy, que precisa que esta ampliación inclúe unha "mellora" da axuda para dotar de máis posibilidades de atopar traballo aos parados de longa duración. "É o xusto", asegura.
Brigadistas insisten en denunciar a "atomización e descoordinación" do dispositivo da Xunta
Amosan o seu "rexeitamento e preocupación" ante o desenvolvemento do plan de lumes forestais de Galicia neste ano e aseguran que o "contrato a dedo" condedido á empresa Inaer non require o coñecemento do galego, o que provocou "deficiencias nas comunicacións". A CIG denuncia ante a Fiscalía a Medio Rural por presunta prevaricación na contratación das brigadas helitransportadas
A Policía detén un fotógrafo durante a recepción aos medallistas galegos
O xornalista gráfico do Diario de Pontevedra foi acusado de golpear un axente, algo que el mesmo negou. O propio medio cualifica de "desproporcionada" a actuación policial. Decenas de profesionais concéntranse ante a Subdelegación do Goberno en apoio de Rafa Estévez.
Unhas 200 librarías atrasarán a suba do IVE no material escolar para "axudar as familias"
A Federación de Libreiros de Galicia (FLG) vén de recomendar aos seus asociados que non apliquen o aumento do imposto até o 15 de outubro e calcula que o 95% deles seguirán esta suxestión.
O PP insiste: "Non permitiremos que minorías chantaxeen a forza maioritaria"
A oposición insiste en que non sentará a negociar a redución de deputados no Parlamento, mentres os populares piden consenso á vez que aseguran que recortarán o número de representantes na Cámara e que o podería facer por trámite de urxencia.