O PSdeG esixe explicacións pola viaxe a Cancún de cargos do Sergas
Os socialistas reclaman saber se o Goberno galego pagou a estancia de dúas directivas e, se non foi así, "quen o fixo"
A débeda de Galicia medrou con Feijóo o triplo que co bipartito
¿Hai risco de rescate para Galicia?, iso é o que se pregunta o blog galego de análise económica A Furada do Trasno, xusto cando Valencia solicita axuda ao fondo estatal, algo que tamén fará Murcia. A bitácora especializada lembra que a débeda galega medrou 1.000 millóns por ano co actual Goberno do PP, máis que con Touriño e con Fraga.
O BNG rompe relacións con CiU por atacar "intereses estratéxicos" para o país
O voceiro do Bloque, Guillerme Vázquez, comunica por carta ao secretario xeral da coalición, Duran i Lleida, "o suspenso do marco de relacións" entre as formacións polas críticas continuadas de CiU ao AVE a Galicia ou á continuidade dunha entidade financeira na comunidade.
José Blanco insinúa que se presentará ás primarias do PSdeG
O ex minstro, reprendido por superar o tempo na súa intervención, advirte de que "ninguén anulará" o seu "compromiso por Galicia", nun Comité Nacional no que Pachi Vázquez pediu "unidade" e no que Francisco Caamaño deixa a súa decisión de optar a ser candidato en mans "da agrupación provincial".
Clamor contra a arbitraxe das preferentes en Santiago
Os afectados insisten en rexeitar a arbitraxe ofrecida por Novagalicia Banco e esixen unha "solución política e colectiva" e a devolución íntegra do 100% dos seus cartos. Os convocacados cualifican o "éxito" da manifestación como unha "derrota para Feijóo e para os banqueiros aos que lles dá ordes".
Un berro urxente para salvar o Camiño Primitivo
O Foro do Camiño Primitivo urxe a Xunta á "delimitación oficial" e á "conservación" da milenaria calzada medieval e culpa a Administración de "indiferenza" ante as denuncias sobre o seu estado. O colectivo lembra que a Unesco está a analizar a candidatura da senda a Patrimonio Mundial.
A verdadeira dimensión da protección social en España
A forza de repetilos, hai demasiados tópicos que acaban prendendo no imaxinario colectivo. Un dos que hoxe parecen máis indiscutibles para o cidadán medio é que o sistema de pensións de xubilación español é economicamente inviable
Valencia pide o rescate e a prima de risco supera os 600 puntos
A Generalitat confirma que vén de solicitar a súa adhesión ao mecanismo de liquidez autonómica aprobado polo Goberno central. Montoro nega que Valencia estea intervida, pero os investidores non dan tregua a España. O bono español a dez anos mantén un interese superior ao 7%.
Galicia volve ser vangarda nas mobilizacións contra o Goberno
O país volve liderar a indignación no Estado con manifestacións históricas que superaron as expectativas en todas as vilas e cidades do país
"O que non di Reganosa"
O Comité Cidadán de Emerxencia prepara a sexta marcha a pé contra a regasificadora de Mugardos para volver esixir o cesamento das súas actividades, "ilegais" tras a "sentenza inapelable" do Tribunal Supremo, din
Beiras abre a porta á "confluencia" de Anova nun "proxecto común"
O voceiro da nova formación nacionalista advirte, no entanto, que esa unión non debe ser “nin un partido, nin unha constelación, nin coalición, nin mesa de grupos”.
O número de estranxeiros afiliados á Seguridade Social baixa un 8% no último ano
O número global no país supera as 34.000 persoas. No conxunto do Estado o número de cotizantes estranxeiros descendeu un 4,9%