Contra a obsolescencia programada, nace en Vigo un taller de reciclaxe de computadores
LazarusHack conta xa cun local na cidade para recibir doazóns. Alí amañan e poñen a punto os equipos e axudan os usuarios a pasar ao software libre. O colectivo anima a xente a non tirar ao lixo compoñente que son perfectamente válidos.
CxG 'cólase' nos debates da TVG: "Saíron empatar a ceros, e aburriron: cero propostas, cero solucións"
A formación difunde tres vídeos nas redes sociais nos que achega a súa visión sobre os debates televisados que comezaron o luns e que se pechan este mércores. Acusan os partidos participantes que non ter entrado "nos problemas reais" da xente.
O ERE de El País deixa na rúa oito dos doce traballadores da delegación galega
No conxunto do xornal incluirá 128 despidos, 21 prexubilacións e un 15% de redución de salario. Os redactores inician unha folga de sinaturas e preparan 18 días de paros. Joaquín Estefanía enfrontouse a Cebrián na reunión na que se anunciaron as medidas.
A Xunta Electoral prohíbe un debate entre as mocidades de PP, PSdeG e BNG
A autoridade electoral veta o coloquio previsto en Lugo entre Novas Xeracións, Xuventudes Socialistas e Galiza Nova por non considerar "adecuado" o lugar no que se ía celebrar
O PSOE leva a Castelao Bragaña á Fiscalía e compárao co imán de Fuengirola
Cre que nas declaracións do ex presdiente do Consello Xeral da Cidadanía Española pode existir un delito de "provocación á violencia contra as mulleres" e pide a Feijóo e Fátima Báñez que "se desculpen publicamente polo seu nomeamento".
A 'Ultranoite' chega á Coruña e presenta o alcalde de 'Marinaleda City'
O espectáculo de Chévere chega á cidade herculina por vez primeira e terá funcións os días 11, 12 e 13 no Fórum Metropolitano. Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Carlos Santiago, Marcos Ptt ou Iria Pinheiro porán en escena "o electricista da catedral de Santiago, o seu partenaire o Deán ou Chavela Farjas".
Milleiros de persoas maniféstanse "pola industria, o emprego e o estado de benestar"
As marchas de Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcia foran prohibidas nun primeiro momento polas xuntas electorais. Os secretarios xerais de CC.OO. e UGT estiveron en Vigo e denunciaron que dos 170.000 empregos destruídos en Galicia entre 2008 e 2012, 55.400 corresponderon á industria.
SEPI confirma uns contratos con Pemex que a petroleira insiste en negar
O presidente da sociedade estatal engade confusión ao ensinar o contrato coa filial da petroleira aos membros da Comisión de Orzamentos do Congreso, pero aclarar que hai cláusulas que impiden "divulgar o seu contido". En México, a firma estatal segue negando que o acordo sexa firme.
CxG pide a dimisión do alcalde de Ponteareas, imputado por prevaricación
Compromiso propón que todos os cargos públicos imputados por algún delito abandonen automaticamente os seus postos. Salvador González Solla está acusado de non concederlle unha licenza de actividade a Ecocelta de forma arbitraria.
O número de empresas insolventes dispárase en Galicia
Os concursos aumentan en case un 50% no país, na que se rexistraron 352. A comunidade é a quinta por actividade concursal no conxunto do Estado.
A oposición pide explicacións a Feijoo polos contratos adxudicados á empresa da súa irmá
As concesións a Eulen, empresa da que Micaela Núñez Feijóo é apoderada, suman 1,4 millóns de euros, a maior parte correspondentes a este ano e con catro contratos sen concurso público. Francisco Caamaño esíxelle ao candidato do PP que dea "explicacións públicas" sobre este asunto.
A CIG acusa a Feijoo de facer funcionario o seu persoal directivo cun custe anual de 15 millóns
O sindicato denuncia que o plan do PP recollido no seu programa electoral busca “enchufar centos de directivos da Administración e da miríada de axencias que creou"