Piden que as baixas do Hospital de Burela se cubran cos traballadores das listas de contratación
A Xunta de Persoal do centro denuncia que a actual política consiste en ocupar os postos libres aumentando as horas do persoal fixo, o que ten como consecuencia profesionais en paro e menor calidade asisencial.
O Comité Cidadán anuncia accións contra Reganosa en concellos, parlamentos e ante a Fiscalía Anticorrupción
Celebrou este luns unha asemblea en Ferrol na que se informou a todos os colectivos da situación aberta pola sentenza do Tribunal Supremo e se decidiron os seguintes movementos, centrados na presión xudicial e institucional.
Denuncian o peche do programa muncipal de integración dos xitanos en Vigo
Este traballo era desenvolvido pola Fundación Secretariado Xitano coa colaboración do Concello, que non renovou o convenio para 2013, o que supón o despedimento de catro traballadores.
Europa decide a intervención de España
Os ministros de Finanzas da UE acordan unha inxección urxente de 30 mil millóns para calquera emerxencia no sector financeiro. A cambio, Bruxelas impón condicións aos bancos rescatados e novas obrigas de política económica (posiblemente a suba do IVE). Misións da troika visitarán Madrid cada tres meses. O capital inxectarase a través do FROB e computará como débeda pública.
Como sobrevivir sen coche na Coruña
A Plataforma pola Mobilidade continúa coa súa campaña de información e de reivindicación de reformas para promover o uso medios alternativos de transporte, tanto na cidade coma na área metropolitana.
A Asociación de Actores e Actrices aprobou a súa nova directiva
Toño Casais substitúe como presidente da AAAG a Morris, que continúa na directiva, da que tamén forman parte Casilda Alfaro, Guillermo Carbajo, Camila Bossa, Álex Carro, Victoria Pérez, Lucía Regueiro, Mónica García, Vicente De Souza, Josito Porto e Déborah Vukusic.
Palestina xa é un Estado (na Unesco)
O blog Diario de Palestina celebra a incorporación na lista de sitios Patrimonio da Humanidade da igrexa da Natividade, en Belén, "un pulo importante cara ás reivindicacións palestinas"
UK Postal? Quen lle gaña a Sky?
O blog Elos e canelas analiza o dominio demostrado polo equipo de Wiggins e Froome no Tour, que comeza a asemellarse á superioridade do US Postal hai uns anos. Este luns celébrase a primeira contrarreloxo longa.
Os cabalos tomaron as rúas de Vigo
Os colectivos en defensa dos cabalos do monte e as festas dos curros manifestáronse este domingo na cidade, acompañados dun cento destes animais, en protesta contra o Decreto Equino da Xunta que, denuncian, "pon en serio perigo a supervivencia dos cabalos ceibes"
86 alumnos de 22 países aprenden galego este verán en Compostela
Os cursos, nos que hai matriculados de Xapón, Serbia ou Kazakhstan, impártense ao longo do mes de xullo e están organizado pola RAG, o Instituto da Lingua e a Secretaria Xeral de Política Lingüística
Prata para a selección galega sub19 no campionato de España de volei-praia
Pablo Penedo e Gabriel Del Carmen caeron nunha final moi igualada ante Canarias, os grandes favoritos. A parella feminina en categoría sub21 chegou aos cuartos de final
Bildu presenta o seu 'goberno', paritario, técnico e con novidosas carteiras
Nun acto publico celebrado en Donostia a coalición da esquerda abertzale revelou as once persoas que acompañarían a candidata a lehendakari Laura Mintegi, no caso de que a formación gañe as eleccións ao parlamento vasco que se celebrarán nos vindeiros meses.