E logho ti, de que familia vés sendo?
O blog Se o vello Sinbad tivese fillos, o espazo de Praza dedicado á paternidade e maternidade e ás moitas cousas que xiran ao redor desa actividade que se realiza a tempo completo, pregúntase polos distintos tipos de familias. E acha que hai catro: Pitiñas, Mouchas, Domingueiras e Morticias. Cal é a túa?
Isabel Vilalba, nova secretaria xeral do SLG
Foi elixida por unanimidade despois de que Carme Freire presentase a súa dimisión, xunto a outras catro persoas da Executiva, que tamén abandonaron as súas responsabilidades orgánicas: Manuel Docampo (Organización), Ana Rodríguez (Finanzas), Xosé Manuel Parente (Sectores Vexetais) e Charo Sánchez Parga (Recursos Produtivos para a Alimentación). Estas cinco persoas continuarán na Dirección Nacional do sindicato.
A plataforma de afectados polas preferentes na Mariña agrupa xa un cento de persoas
As oitenta persoas que xa se dirixiron ao colectivo coinciden en que foron "enganados" polos responsables das sucursais das entidades financeiras, principalmente Caixa Galicia e Caixa Nova. Celebrará unha nova reunión informativa este domingo na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro.
As bacterias e a Prima de Risco
Patricia Veiga-Crespo, unha das autoras do Circo de Bacterias, o blog de microbioloxía de Praza Pública, lembra que ao longo da Historia houbo unha morea de crises económicas causadas por culpa dalgunha bacteria ou fungo e fai un repaso por varias delas: a crise do cogombro, a peste bubónica, a crise da pataca en Irlanda...
Denuncian altos niveis de contaminación no aire das cidades galegas
O catedrático Ramón Varela, experto en contaminación atmosférica, advirte de que a concentración de partículas nas zonas urbanas do noso país neste inverno cehgou a superar en numerosas ocasións os límites legais
As enfermidades dos 'grandes' do jazz
A Raiña Vermella publica en Cianuro nas mazás, o blog de ciencia de Praza, unha análise das patoloxías neurolóxicas de músicos coma Cole Porter, George Gershwin, Thelonious Monk, Charlie Parker ou Charles Mingus.
Regresan as Olimpíadas Populares, con máis probas e máis atletas
Celebraranse en Teo e contarán coa presenza de 196 atletas en representación de varios movementos sociais galegos
Para limpar o monte, o mellor: as ovellas
Un grupo de investigadores da Escola Politécnica Superior de Lugo constata melloras na calidade da madeira, benestar animal, eliminación da aplicación de herbicidas ou prevención de incendios en comparación coa rozadura química e mecánica.
Quen son os tolos que aínda patrocinan equipos ciclistas?
Coa que está caendo no mundo en xeral e no mundo do ciclismo en particular segue habendo insensatos que gastan o carto en patrocinar equipos ciclistas. Pero que venden? Que é Quickstep? Que é Lampre? O blog de ciclismo de Praza Elos e Canelas explícao polo miúdo.
Xarmenta volve propor o berciano Antonio Fernández Morales para as Letras 2013
A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta solicítalle á Real Academia Galega que o poeta Antonio Fernández Morales sexa o persoeiro escollido para a celebración fundamentándose en que: "Antonio Fernández Morales publicou en lingua galega a súa obra Ensayos poéticos en dialecto berciano en 1861, dous anos antes de que Rosalía publicase Cantares Gallegos"
Ferrol vólvese botar á rúa polo naval
Unhas 20.000 persoas, segundo os sindicatos, e unhas 30.000 segundo a Policía anegan as rúas ferrolás reclamando compromiso dos gobernos cos seus estaleiros
Causa Galiza chama a celebrar "un Día da Patria unitario"
A plataforma independentista "renuncia a convocar a súa propia manifestación" para que "as soberanistas e independentistas poidan mobilizarse baixo unha única bandeira"