EU propón converter os espazos verdes abandonados en hortas urbanas
César Santiso, concelleiro da coalición na Coruña, presenta unha moción para o seu debate no pleno. O obxectivo é potenciar a agricultura ecolóxica, crear novas oportunidades de emprego e recuperar espazos para a cidadanía.
Nace a Irmandade Galega de Adegueiros
Constituirase este sábado en Ribadavia e ten o obxectivo de impulsar o proceso de galeguización dos produtos agroalimentarios e de promover o consumo de marcas e establecementos que se identifiquen coa cultura e lingua do país.
En setembro, Galicia en Gales
A Universidade de Cardiff acollerá do 12 ao 14 dese mes o X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, coa intervención de 125 relatores
O recibo da luz subiu unha media de 35 euros mensuais en dez anos
FACUA-Consumidores en Acción denuncia que dende a liberalización do mercado pasamos de pagar unha media de 42,83 euros ao mes, a pagar 77,68 euros.
A Audiencia Nacional rexeita imputar a Méndez pola súa xestión en Caixa Galicia
O tribunal desestima unha denuncia presentada por un cliente da entidade, que pedía que tamén se xulgase o ex director xeral da caixa e os seus fillos.
O Parlamento Europeo rexeita o ACTA, que queda ferido de morte
Unha amplísima maioría dos deputados (478 votos contra 39) vota en contra do polémico acordo comercial e practicamente fai imposible a súa aplicación.
Stop Desahucios denuncia que NGB cometeu un delito de usurpación da propiedade
O colectivo estuda iniciar accións legais contra o banco, ao que acusa de romper o fecho dunha vivenda en Cambre da que a entidade só ten o 50% da propiedade e sen notificalo previamente.
Burela xa é de primeira
A Liga Nacional de Fútbol Sala aprobou a composición da máxima categoría para a vindeira tempada, e o F.S.Burela será un dos equipos participantes, acompañando a Lobelle Santiago e Azkar Lugo.
Así se fixo o lipdub 'Eu Falarei'
O vídeo, gravado polos mestres, pais, nais e alumnos do IES Chapela, tivo case 15 mil visitas en pouco máis dunha semana.
Sagan contra todos
Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, está inmerso este mes no relato do Tour de Francia, que arrancou con sucesivas chegadas en grupo nas que, con permiso de Cavendish, destacou Peter Sagan
Liga e Comités rexeitan a suba das taxas universitarias para as matrículas sucesivas
O Consello Galego de Universidades aprobou este luns os prezos para o vindeiro curso, cunha conxelación das taxas para a primeira matrícula, pero subas do 20 % para a segunda matrícula, un 66 % para a terceira e un 90 % para a cuarta, que se aplicarán de maneira progresiva durante tres anos.
Por unha transición xusta a unha economía sen carbón
Un claro no bosque, o blog sobre ecoloxismo social e biodiversidade de Praza, salienta o comunicado publicado por Ecoloxistas en Acción, que reclama "garantir o emprego nas concas mineiras", pero avanzando "cara a un futuro sen carbón", que é "o maior inimigo do clima"