'Puntcat', un exemplo de éxito
A iniciativa para acadar un dominio de primeiro nivel para a lingua e cultura catalás acadou o seu obxectivo en 2005, despois de nove anos de traballo, converténdose no primeiro concedido pola ICAAN para unha comunidade cultural e lingüística. Hoxendía hai xa máis de 50 mil webs co .cat
"O pulso das túas rochas quebra ritmos cotiáns"
Presentámosvos un adianto de Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte, un libro escrito a catro mans, por Rosalía Fernández Rial e Xan Fernández Carrera, que con poemas e roteiros percorre estas comarcas.
"O endurecemento da Lei de Estranxeiría é unha violación dos dereitos humanos"
O Foro Galego de Inmigración celebra a súa VII Asemblea reivindicando o seu claro rexeitamento ás medidas do Goberno central contra os inmigrantes.
Os tradutores de software libre ao galego poñen fin á súa 'Trasnada'
O evente qeu reúne os tradutores de software libre que traballan baixo o paraugas do Proxecto Trasno puxo o seu punto final onte na Coruña
Besteiro dá o "paso" en Lugo para que o PSdeG "volva ser referencia política" en Galicia
O presidente da Deputación é elixido por aclamación secretario provincial dos socialistas e contrapón o seu "galeguismo integrador" coa "neodereita" do PP. Raúl Fernández foi reelixido líder do PSdeG de Ourense.
Pallasos en Rebeldía comezan unha xira por México en defensa dos pobos indíxenas
Iván Prado actuará para as 50.000 persoas que encherán o Foro Sol do Wirikuta Fest, en México DF, en solidariedade co pobo Huichol e en contra das minas a ceo descuberto que o goberno mexicano quere abrir no Deserto de Wirikuta
Os intereses cruzados do PP e as empresas adxudicatarias do novo hospital de Vigo
Vén de presentarse A saúde como negocio, un libro colectivo coordinado por Pablo Vaamonde e editado por Laiovento que afonda na defensa dos servizos públicos e nos riscos de privatización da atención sanitaria. Ofrecémosvos un dos capítulos, obra da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, que denuncia os intereses empresariais e políticos ao redor da construción do novo centro hospitalario.
Esquerda Unida presentará mocións na Coruña e Vigo para que a Igrexa pague o IBI
Piden que os plenos municipais defendan a modificación da lexislación e que as novas cantidades recadadas supoñan a un incremento do gasto social dos concellos. Na rede puxéronse en marcha peticións cidadás en Compostela e A Coruña para rematar cos privilexios fiscais da Igrexa.
Amnistía Internacional denuncia o uso excesivo da forza por parte da policía en manifestacións
No seu Informe Anual fai fincapé nas cargas dos Mossos d'Esquadra contra o 15M en Barcelona e sinala unha vez máis os casos de detención en réxime de incomunicación nas cadeas españolas. Porén, salienta o fin da violencia de ETA. No contexto internacional lamenta que a primavera árabe ficase nunha "oportunidade perdida" e critica a "inoperancia" da ONU.
A eurocidade de Tui e Valença acolle unhas xornadas de debate sobre as fronteiras
Expertos en comunicación e desenvolvemento de Galicia, Portugal e América Latina afondarán este xoves, venres e sábado no funcionamento das eurocidades, eurorrexións e das comunidades que se asentan a ambas as dúas beiras destas delimitacións.
Investigadores galegos e cataláns desenvolven un sistema para predicir mareas vermellas
O dispositivo chámase Purga de Mar e emprega técnicas de Intelixencia Artificial. O promotor é un consorcio público-privado de I+D integrado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, a Generalitat de Catalunya, a Universidade de Vigo, Ecohydros, Anfaco, Enviromar e o Grupo Linamar.
O Seminario Galego de Educación para a Paz trasládase a Herbón
O SGEP toma esta iniciativa para impulsar a creación do Centro Internacional pola Paz, en entredito pola negativa da Xunta de declarar BIC o convento de Santo Antonio de Herbón, en Padrón.