As galegas Toro e Echegoyen aseguran medalla en vela
A coruñesa e a pontevedresa clasifícanse para a final da clase Elliott logo de impoñerse a Rusia e despois de que a falta de vento a piques estivese de eliminalas.
Os sindicatos vólvense mobilizar contra os recortes e "o saqueo ao pobo"
Centos de persoas saíron á rúa en varias comarcas para volver denunciar os axustes do Goberno, que consideran "a consecuencia do millonario rescate á banca".
A petroleira Pemex investirá 57 millóns de euros no porto exterior da Coruña
Instalará unha planta de mestura de hidrocarburos que ocupará tres hectáreas, segundo confirmou Feijóo tras a súa xuntanza co director xeral da compañía mexicana. A firma azteca non aclarou nada sobre a construción de buques aztecas nos estaleiros galegos.
A creación de empresas en Galicia cae un 6,6%, as disolucións soben un 27,7%
Creáronse 367 compañías no pasado mes de xuño, 24 menos que no mesmo mes do pasado ano. O descenso no Estado foi do 1,1%.
A UE ofrece dous millóns de axuda para recolocar parados do naval galego
A Comisión Europea propón unha achega que pretende atopar un novo emprego a 450 traballadores galegos da industria auxiliar dun sector "que sufre gravemente crise e que deslocalizou a súa actividade".
A compravenda de vivendas en Galicia cae un 20%, case oito puntos máis que a media estatal
Do conxunto de operacións, o 57,74% foron realizadas sobre vivendas de primeira man e o 42,26% sobre inmobles usados.
A praza de touros de Pontevedra 'pecha' en protesta pola "tortura animal"
O colectivo Touradas Fóra de Pontevedra cerra simbolicamente o coso da cidade pontevedresa e reitera a súa petición da "abolición das touradas e pedir a conversión das prazas en coliseos de uso cultural, social ou deportivo".
Beiras non descarta que Anova e Esquerda Unida acudan xuntas ás eleccións autonómicas
Aclara que haberá que agardar ao que decidan as asembleas, pero asegura que entre "as hipóteses de traballo" do movemento está a de "abrir un proceso de interlocución" coa coalición. Tampouco rexeita retomar as conversas con Compromiso e reclama "unha fronte electoral ampla".
Compromiso protesta nas peaxes contra a suba do seu importe
Varios membros da formación nacionalista reparte información aos condutores con alternativas á suba das taxas. A Garda Civil identificou o secretario xeral do partido, Xoán Bascuas.
Beiras define a planta de Reganosa como "un crime político"
O voceiro de Anova reclama a execución da última sentenza do Supremo, que declara a ilegalidade da planta, e di que a regasificadora "é unha ameaza permanente e unha barbarie".
O embaixador de México aclara que "aínda non hai datas" para o acordo entre Xunta e Pemex
Asegura que "se segue avanzando" para a construción de buques do país azteca en estaleiros galegos e confía en que as negociacións cheguen a bo porto.
O Foro da Inmigración tilda de "racista" que os inmigrantes paguen unha póliza sanitaria
O Foro Galego da Inmigración cre que o Goberno pretende "responsabilizar" os sen papeis das "dificultades de sostemento do sistema sanitario" ao pretender aplicar unha taxa de 710 euros aos inmigrantes irregulares para que poidan acceder á sanidade pública. A medida afectaría a entre 10.000 e 15.000 persoas en Galicia.