Praza Pública

Praza Pública

  • Así roubou Franco o Pazo de Meirás

    A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña continúa coa súa campaña para difundir as coaccións e ameazas a través das que os cidadáns da comarca foron obrigados a achegar cartos para mercar o inmoble para regalarllo ao ditador. En concreto, fai pública unha serie de documentos que exemplifican como se levou a cabo este espolio en Carral.

  • Terra da Fraternidade esgotou as entradas, pero poderá verse en directo pola rede

    O concerto homenaxeará o Zeca Afonso e lembrará o 40 aniversario da estrea de Grândola, Vila Morena, que tivo lugar nun concerto no Burgo das Nacións. O festival, no que participarán trinta artistas, dende Quico Cadaval e Chévere a Joao Afonso e Uxía, pasando por Xurxo Souto ou Ses, encherá as 900 butacas do Auditorio, e emitirase en directo por streaming.

  • Avenida Castelao S/N

    Unha "alumna indignada" remítenos unha carta na que denuncia a degradación da calidade do ensino na universidade pública por mor dos recortes e critica, en concreto que "varios profesor@s do departamento de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC van perder os seus postos de traballo", polo que outros docentes van ter que ocupar esas horas.

  • O teatro, da universidade á cadea

    O Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña ofrece do 8 ao 30 de maio dez obras de grupos afeccionados dos campus de Barcelona, Ferrol, Ourense, Santiago, A Coruña, Vigo e Beira Interior. O texto de Arístides Vargas Nosa Señora das Nubes, dirixida por Rubén Ruibal, representarase o 12 de maio no cárcere de Teixeiro

  • Maxia ou ciencia?

    A Illa de San Simón acolle até o 10 de maio a segunda edición de Neuromagic, un cumio mundial de neurocientíficos e magos para analizar os mecanismos de atención da mente a través dos trucos dos ilusionistas. O Auditorio A Xunqueira de Redondela acolle este mércores unha conferencia-espectáculo de entrada libre.

  • Comeza a conta atrás: Dez días para o Reperkusión

    O festival, que celebra o seu décimo aniversario, ofrecerá do 17 ao 19 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta dous concertos de Manu Chao, pero presenta outros moitos atractivos: as actuacións de Os 3 Trebóns, Festicultores Troupe, Terbutalina e os espectaculares directos de Kiril Dzajkovski (Macedonia), Dubioza Kolektiv (Bosnia) e Bohemian Betyars (Hungría).