EU e FPG concordan en que “por riba da cuestión nacional, está o problema de clase”
As dúas formacións políticas celebraron un encontro este martes e coincidiron "na necesidade de artellar unha ferramenta capaz de responder ao estado de quebra que afecta á maioría social"
O SLG pídelle a Mercadona que cumpra a súa promesa de subir o prezo que paga polo leite
A cadea comprometeuse a ofrecer 1,5 céntimos máis por litro aos gandeiros da Terra Cha. O sindicato denuncia que as explotacións están recibindo 27 céntimos por litro (un 5,5% menos que a media española), con custes de produción de 37 céntimos.
O PP di que o adianto en Euskadi "non condiciona a Feijoo", pero non aclara a data das eleccións
Pedro Puy convocou unha rolda de prensa urxente para afirmar que o anuncio realizado por Pachi López non influirá na decisión que se tome en Galicia. O PSdeG-PSOE esíxelle ao presidente da Xunta que "remate coas especulacións", e o BNG pídelle que dea marcha atrás no "pucheirazo". Para que as eleccións galegas coincidan coas vascas, Feijoo debería disolver o Parlamento antes do vindeiro martes.
Un festival apoia o Ateneo Ferrolán ante os intentos do PP de arrebatarlle o seu edificio
Celebrarase este xoves nos Cantóns de Molíns da cidade e denunciará os intentos do Goberno municipal de reducir drasticamente os espazos que ocupa a institución, creada en 1879, nun edificio cedido indefinidamente polo Concello en 2008.
Vázquez Pintor escríbelle a Pousa Antelo
Xosé Vázquez Pintor envía este poema, co que quere despedirse e lembrar o mestre falecido este luns.
ADEGA denuncia un plan da Xunta para abastecer de auga A Coruña dende unha balsa mineira
O Goberno galego ten en exposición pública un proxecto para conectar unha balsa con verquidos de Meirama co río Barcés, que desemboca no encoro de Cecebre, que subministra auga á cidade herculina. O plan, ademais, inclúe unha minicentral hidroeléctrica, que para os ecoloxistas é a verdadeira razón de ser do proxecto.
Descobren na Cova Eirós a mostra de de arte rupestre máis antiga do noroeste peninsular
As pinturas e gravados atopados teñen ao redor de 30 mil anos. A presenza de evidencias de arte rupestre paleolítica supón a declaración de cova de Triacastela como Ben de Interese Cultural (BIC).
Falece Avelino Pousa Antelo, memoria e dignidade do galeguismo
O presidente da Fundación Castelao tiña 98 anos e o seu pasamento engádese ás desaparicións recentes de Isaac Díaz Pardo, Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla. A capela ardente instalarase no Concello de Teo este martes ao mediodía.
Dous economistas advirten no Financial Times que "o tempo acaba" para España
O artigo de Jesús Fernández-Villaverde e Luis Garicano esíxelle a Rajoy unha política máis activa, e acúsano de crer que os problemas se resolven sós e de confundir "reformas con recortes"
Galicia acollerá en 2013 o festival europeo de xogos tradicionais
As actividades principais, organizadas por Brinquedia, celebraranse entre Ourense e Compostela e incluirán eventos pasa os centros de ensino e espazos de debate e divulgación.
Os afectados polas preferentes levan a protesta a Sanxenxo
Esperan reunir máis de cinco mil persoas nunha marcha que comezará ás once da mañá deste sábado, continuando coa estratexia de protestar “onde veranean os banqueiros”. Este venres concentráronse en Santiago, A Coruña, Pontevedra, Vigo, O Grove, Sanxenxo, Cangas e A Guarda, pechando varias oficinas de NGB e reclamando a devolución íntegra dos seus cartos.
As persoas á espera de axudas de dependencia multiplicáronse por cinco, segundo o PSdeG
Os socialistas denuncian que Feijóo quere “suprimir a Lei da Dependencia e erradicar a axuda pública a domicilio” para privatizar este servizo.