A suba do IVE, unha nova "lousa" para os autónomos
As asociacións e colectivos que agrupan estes traballadores amósanse moi críticos coa xestión de Mariano Rajoy e auguran un futuro negro para estes profesionais e pequenos negocios. Nos primeiros seis meses do ano o número de altas de autónomos en Galicia foi de case vinte mil persoas, moitos deles desempregados que buscaron emprender unha iniciativa laboral pola súa conta.
Os Ecogaleguistas piden que Compromiso chegue a un acordo con Anova e EU
No Consello Nacional de CxG, celebrado o sábado, o partido ecosocialista presentou unha proposta (rexeitada por 34 votos fronte a 12) para que unha coalición nacional e progresista entre Compromiso e Anova non se pechase a outras forzas.
O PSdeG promete que recuperará a gratuidade dos libros de texto
Pachi Vázquez mantivo un encontro con pais e nais de alumnos afectados pola suba do IVE no material escolar e prometeu de novo que nos cen primeiros días de Goberno anularía os concertos cos centros de ensino que segregan por sexo.
As asembleas de Anova aproban a fronte ampla para "desaloxar" a Feijoo
Entre o domingo e o luns a formación realizará a proposta formal a EU, BNG e aos partidos que compoñen Compromiso, aínda que Bloque e CxG xa manifestaron a súa negativa participar. Xosé Manuel Beiras insta "poñer o país por riba de intereses partidarios" e aclara que "nós non somos o centro desta fronte, só os que apostamos por ela de forma máis aberta".
E ti xa navegas en galego?
Un blog publica consellos para mudar a lingua do navegador, importante para potenciar as versións en galego de webs multilingües, as procuras da galipedia ou as descargas de programas na súa versión galega.
Bernardino fixo medrar o mar
A Coruña acolleu en distintos espazos da cidade unha orixinal e intensa homenaxe a Bernardino Graña, organizada pola AELG e Arteu, e na que participaron Manuel Rivas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xabier Docampo, Anxo Angueira, Xurxo Souto ou Dores Tembras, entre ducias de poetas e músicos.
Don Núñez Feijoo en Brasil
Praza Pública
Os partidos soberanistas de Quebec, favoritos nas eleccións deste martes
O Partido Liberal, no poder, podería perder a metade dos seus escanos, nuns comicios nos que o Parti Quebecois é o gran favorito. Sumando os seus votos e os da Coalition Avenir (unha escición de centrodereita do PQ), o sobearismo podería sentirse o suficientemente forte para convocar un terceiro referendo de autodeterminación.
EU podería pechar o martes a fronte electoral de esquerdas
Convocou "de urxencia" o seu Consello Nacional para ese día, co obxectivo de aprobar a coalición e até ese día acelerarán os contactos coas distintas formacións políticas interesadas no proceso de converxencia. Segundo os estatutos de EU, o acordo e un programa de mínimos deben ser aprobados polas asembleas comarcais da coalición, que se celebrarían o mércores ou o xoves.
CxG reitera a oferta de pacto a Anova e convoca primarias para o 9 de setembro
As votacións, á espera da resposta da formación de Beiras, serían "abertas a militantes, simpatizantes e cidadanía en xeral"
Jorquera: "Feijoo méntelle á sociedade galega para tentar reter o goberno"
O candidato do BNG, que interveu esta mañá ante o Consello Nacional, presenta a súa formación como "un dique fronte ás desigualdades e a inxustiza, fronte ao centralismo e a perda de democracia, que impulse a economía produtiva para crear emprego".
200 afectados polas preferentes protestan ante Rajoy e Feijoo na apertura da campaña do PP
Unha forte presenza policial impediu que os manifestantes se achegasen aos dirixentes populares, pero os seus berros reclamando a devolución dos seus cartos e responsabilizando o Goberno central e galego do sucedido interromperon os discursos dos políticos.