O Financial Times acusa a Rajoy de evitar a petición de rescate para non prexudicar o PP
Nun duro editorial o xornal pídelle que tome exemplo do goberno portugués, do que di que está traballando en favor dos "intereses nacionais". Ademais, acusa a Rajoy de incrementar as tensións coas autonomías, seguindo os seus "instintos centralistas"
Ano II da Primavera árabe: o inevitable ‘peso da realidade’
Arredalia, o boletín da Rede de Antigos Alumnos en Prácticas do IGADI, dedica o seu terceiro número ás revolucións no norte de África e no Oriente Medio, con análises de Susana Maceiras e Roberto Mansilla ou entrevistas aos profesores Ignacio Gutiérrez de Terán e José Abu-Tarbush.
Mercadona consuma o engano: non aplicará o incremento do IVE pero xa subiu os prezos en agosto
Nos últimos dous meses, dende que o Goberno anunciou o novo tipo, a cadea de supermercados veu encarecendo os seus produtos entre 1 e 50 céntimos. Agora anuncia que non repercutirá o ascenso do imposto aos seus clientes, pero xa o fixo por anticipado.
Os partidos teñen até o venres que vén para formalizar coalicións electorais
Os prazos marcados pola lei para cada un dos trámites previos aos comicios son moi axustados e todas as formacións aceleran os seus procesos, sobre todo no caso daquelas que queiran presentarse conxuntamente con outros partidos.
La Región critica con dureza a Feijoo
Na súa portada fala de "lexislatura perdida" para Ourense e no seu editorial, titulado El anunciado final de Feijoo, o xornal acusa o presidente da Xunta de mentir e afirma que do seu mandato Galicia "sae moi mal parada". É un paso máis nunha liña, nos últimos meses, moi crítica.
CIG e CC.OO. chaman a "parar os recortes" nas eleccións do 21-O
O sindicato nacionalista proporalles a Comisións e UGT a convocatoria conxunta dunha folga xeral para o 26 de setembro. O 31 de agosto haberá concentracións ao mediodía, o 8 de setembro Compostela acollerá unha manifestación nacional en defensa dos servizos públicos e o 15 de setembro celebraranse mobilizacións en todo o Estado contra a política de Rajoy.
Galicia entrou xa en 'déficit ecolóxico' este ano
O noso país consome moitos máis recursos e servizos ambientais dos que pode rexenerar, e de feito calcúlase que a pegada ecolóxica galega (6,64 hectáreas/persoa) supera nun 50% á da biocapacidade do seu territorio (4,4). Unha análise de Xosé Veiras.
Adiántate á suba do IVE... se podes
FACUA e outras organizacións de consumidores denuncian que o pago de alugueres, auga, luz, gas, televisión, a telefonía ou o acceso a Internet de agosto sufrirá xa a aplicación do novo tipo se a factura ten data posterior ao 1 de setembro, cumprindo a Lei de 1992. Ademais, moitos establecementos comerciais xa subiron os seus prezos este mes.
CxG escollerá o seu candidato en primarias a pesar do adianto
Xoán Bascuas afirma que as portas "están e estarán abertas" para chegar a acordos con outras organizacións. O sábado Compromiso celebrará o seu Consello Político Nacional, que determinará o procedemento das primarias e a fórmula para presentarse ás eleccións.
A 'Vuelta' chega a Galicia
A etapa Ponteareas-Sanxenxo abre cinco días de ciclismo de primeiro nivel nas nosas estradas, coa determinante contrarreloxo de Pontevedra, a espectacular ascensión ao Ézaro ou a durísima Palas de Rei-Porto de Ancares.
Minho Reggae Splash: O festival galego que se fai en Portugal
Celébrase en Vilanova da Cerveira os días 14 e 15 de setembro, cunha maioría de bandas galegas. Os seus organizadores pediron a colaboración de concellos e institucións galegas, pero ante as respostas negativas, optaron por facelo en terras lusas, onde si recibiron apoio.
BNG e EU cargan contra a política de transporte do Concello da Coruña
Os nacionalistas denuncian que a Compañía de Tranvías reparta tres millóns de euros de beneficios entre os seus accionistas, ao tempo que recibe oito millóns das arcas municipais que "hipotecan o futuro da cidadanía durante os vindeiros dez anos”. Esquerda Unida ataca a xestións dos buses urbanos, que perderon 255 mil usuarios en 2011.