O sector pesqueiro galego enfronta unha semana decisiva
Unha ampla delegación do BNG reunirase o martes coa comisaria de Pesca, a grega Maria Damanaki. Mentres, o PSdeG-PSOE acusa a Feijoo de deixar a mariñeiros e mariscadores "en situación crítica" pola súa "incapacidade de xestión".
Anova respóndelle ao PP que a sentenza do TSXG obriga a pagar novas indemnizacións
A formación denuncia que a indemnización derivada da inexecución da convocatoria por imposibilidade legal dunha sentenza firme é de maior contía.
A romaría laica do Pote chega aos 79 anos
A festa que dende 1933 se organiza en Maniños (Fene) celébrase este domingo, pero o sábado terá o anticipo musical do Festipote, coas actuacións de Estimaba que Viñeras, Os Tres Trebóns e O Sonoro Maxín.
A 'Frota da Liberdade' busca por terceira vez romper o bloqueo de Gaza
O veleiro Estelle, que partiu de Suecia hai un mes chegará a Euskadi esta fin de semana para despois continuar a súa viaxe a Palestina.
Esquerda Unida pide o apoio dos votantes desencantados do PSOE
A coalición di ter recibido unha negativa dos socialistas a participar nunha fronte de esquerdas e afirma que “sabíamos que era difícil un cambio de actitude mais non quixemos renunciar a que rectificasen a súa deriva neoliberal"
Entre Galicia e Portugal, 'Não Lugar'
Preséntase o primeiro trailer do documental Não Lugar, un filme dirixido por Tiago Pereira sobre o canto e percusión tradicional a unha e outra beira do Miño.
O Goberno desenténdese dos afectados polas preferentes, aos que só lles quedará a vía xudicial
A reforma financeira que aprobará o Consello de Ministros permítelle ao Estado pagar polos títulos só o prezo de mercado, polo que os milleiros de aforradores galegos poderían perder a metade do capital retido polos bancos. Ademais, a reforma impide que os afectados lle reclamen á entidade ou ao FROB.
Continúa a lea no PP pola reforma enerxética
O PSOE pedirá a convocatoria de Montoro no Congreso para explicar cal é a posición do Goberno, despois do enfrentamento público que nos últimos días o ministro de Economía tivo co titular de Industria, José Manuel Soria. A Asociación de Produtores de Enerxías Renovables (APPA) considera que as medidas que o Goberno podería incluír na reforma enerxética terían consecuencias "desastrosas" para o sector.
A arriscada aposta da Vuelta
Carlos Selas e Xabier Rábade analizan en Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, o inicio da rolda, a máis montañosa e norteña dos últimos anos.
A FPG agardará ao que as asembleas de ANOVA decidan sobre a fronte de esquerdas
A formación reivindica a "vixencia da nosa liña histórica, que sempre mantivemos, de defensa e loita pola independencia e a soberanía nacionais ligada á loita da clase obreira"
Espolian catro xacementos arqueolóxicos na Mariña
A Asociación Mariña Patrimonio denuncia roubos de pedras e destrución de muros nos castros do Carreiro e Fazouro e nos xacementos da Pampillosa e de Estabañón. "Actuaron antes os espoliadores que a Xunta, responsable da conservación e protección do patrimonio tal e como recolle a lei", din
Este é o calendario das reformas esixidas polo rescate bancario
Os cambios no FROB, que este venres aprobará o Consello de Ministros, inician unha longa serie de medidas que o Goberno de Mariano Rajoy adoptará nos vindeiros catro meses para cumprir o memorando ditado pola troika.