Ei-ichi Negishi defende en Compostela a catálise do CO2 para combater o efecto invernadoiro
O Premio Nóbel de Química ofrecerá este xoves unha conferencia na Cidade da Cultura. O xaponés afincado nos Estados Unidos obtivo o recoñecemento da Academia sueca en 2010.
Os profesionais do audiovisual denuncian a anulación das axudas ao talento, "a I+D do noso sector"
A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego, integrada por guionistas, directores, técnicos e actores e actrices, critica así mesmo a "ausencia dunha política clara" por parte da Xunta
A Coruña acollerá un plenario do Proxecto Gaia da Axencia Espacial Europea
Gaia é unha importante misión astrométrica cun custo total de 650 millóns de euros. O seu lanzamento está previsto en agosto de 2013 e pretende realizar un mapa 4D completo, cunha enorme precisión, de ao redor de mil millóns de estrelas.
Eva Ferreira gaña o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
A súa obra Poema sinestésico para tres voces e un can foi escollido polo xurado, mentres que o premio da audiencia foi para Intercom-baby, de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso. Ironías, de Carlos Losada Galiñáns, e Quendas, de Zé Paredes, finalistas, tamén serán editadas nun libro-cd, que publicará Xerais. O Salón Teatro de Santiago acollerá o 15 de maio a lectura pública das obras, nunha nova edición do Espazo Radioescénico.
O Museo estatal de Ciencia e Tecnoloxía inaugurarase na Coruña o 4 de maio
O Muncyt estará ubicado no edificio do Prisma de Cristal, no paseo marítimo e contará con seis salas, nas que se expoñen xoias da evolución tecnolóxica e mesmo a cabina do Jumbo que trouxo o Guernica de Nova York a Madrid. Trala inauguración con autoridades do día 4, á que asistirán os príncipes de Asturias, o día 5 será de portas abertas no museo, coincidindo co XVII Día da Ciencia na rúa
A Liga Estudantil debate as 'alternativas á crise' no Campus Norte da USC
Entre o martes e o xoves, as facultades de Xornalismo, Filoloxía e Económicas acollerán mesas redondas e conferencias que procuran "na democracia e na consciencia" o impulso para transformar a sociedade. Fermín Bouza, María do Cebreiro, Xaquín Leiceaga, Raúl Asegurado ou os actores Evaristo Calvo e Patricia de Lorenzo participarán nas xornadas, que tamén debaterán a situación da CRTVG ou do audiovisual galego.
Un medio rural "multifuncional e sustentable"
Expertos e activistas debateron en Poio sobre os problemas e ameazas do espazo rural e as propostas e accións para protexelo e dinamizalo. O acto pechouse coa sinatura da Alianza por un medio rural galego vivo”, que queda aberta a adhesións doutras entidades que traballen a prol da reactivación do rural.
Implicadas No Desenvolvemento convoca o certame de artigos xornalísticos ‘Cambia de papel’
No premio organizado pola ONG poden participar todas as persoas que o desexen cun artigo de opinión inédito, único e orixinal escrito en galego ou un artigo, tamén en galego, xa publicado nalgún xornal impreso ou dixital. O tema para o certame é o necesario cambio de papel da sociedade do Norte para erradicar a pobreza e a desigualdade nos países do Sur dende unha perspectiva de xénero. Praza Pública colabora no certame.
A renuncia do falso horizonte
Praza Pública
Facenda tomba a acusación de Dorribo a Fernando Blanco
Un informe da Axencia Tributaria sobre o patrimonio persoal do ex conselleiro de Industria non atopa proba ningunha do suborno que o presunto líder da trama Campeón aseguraba terlle entregado.
Os medios en galego celebrarán a súa festa o 27 de abril
Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 24 medios de comunicación na lingua propia, organiza un festival na Gentalha do Pichel, no que actuará Terbutalina e que comezará cun festival poético a cargo de Olalla Cociña, Xia Arias, Alicia Fernández e Gonzalo Hermo. As entradas saen a só 4 euros (5 o día do concerto) e haberá unha fila cero para os que queiran colaborar aínda máis a 10 euros. Todos os beneficios do festival serán destinados a sufragar o mantemento da propia campaña e dos medios en galego, que nos últimos anos sufriron importantes baixas.
As axudas ás industrias culturais descenden por segundo ano consecutivo
As subvencións que concede AGADIC terán un orzamento de 1.290.000 euros en 2012, por 1.370.000 do 2011 e 2.100.000 en 2010. A Axencia tamén convocou este xoves as axudas á produción audiovisual, cunha contía de 2.9 millóns, o mesmo que o ano pasado, pero moi lonxe dos 4.9 millóns de 2010.