O Colexio de Psicoloxía reclama máis recursos de saúde mental no Sergas no Día Mundial da Depresión
Este 13 de xaneiro celébrase o Día mundial de loita contra a depresión. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia pide á Xunta triplicar as prazas de Psicoloxía Clínica e reforzar a atención á infancia e adolescencia. Ademais, demanda incrementar a atención psicolóxica en Atención Primaria