🔊Fálase | Sen cartos para o agro ecolóxico e o asalto á fama de Feijóo
No novo episodio do Fálase coñecemos o problema creado pola Xunta ás explotacións agrogandeiras ecolóxicas ao non orzamentar fondos dabondo nas axudas xa previstas para o sector, do que sabemos máis coa gandeira Ana Corredoira. Ademais, lembramos o tempo en que Feijóo se sumou aos manifestantes do PP que irromperon no recinto do Parlamento galego e, con Rebeca Baceiredo, reflexionamos sobre arte, moral e xénero ao fío dunha das grandes controversias musicais e sentimentais dos últimos tempos