
A COVID incrementa as esperas de pacientes de alto risco oncolóxico: "temos medo de que sigan recortando a sanidade que nos salva"
Rocío Fraga relata a súa situación, común a outras pacientes, salientando que acumula nove meses á espera da realización dun TAC. Nunha queixa presentada ante a Valedora do Pobo critica tamén a imposibilidade de realizar na área sanitaria da Coruña probas de Dermatoloxía Dixital, non invsivas e moi útiles na súa situación, e si existentes noutras áreas sanitarias.