
Dous incendios en Ribas de Sil, na Ribeira Sacra, queimaron xa máis de 500 hectáreas
O lume iniciado en Nogueira afectou zonas de especial valor paisaxístico e outro foco ameaza o núcleo de Rairos. En ambos casos o fume e as lapas obrigaron a cortar a circulación en varias estradas.