Acontece
O BNG insta á Xunta a exercer as competencias en vivenda para deter o desaloxo de 50 familias de Narón, Ares e Burela
Trátase de tres inmobles propiedade da Sareb, o 'banco malo' no que o Estado ten unha participación do 45%, que comunicou as persoas inquilinas que debían abandonar os seus pisos, a pesar de que estaban a pagar o alugueiro con regularidade. O Goberno galego traslada a responsabilidade ao Executivo central.
A empresa contratada pola Xunta para rastrexar a COVID busca a incorporación "urxente" de cen persoas pola "alta incidencia"
Abai Group, que gañou o concurso para o rastrexo de contactos por presentar a oferta máis barata, ofrece cen vacantes para cubrir quendas de fin de semana por uns 400 euros brutos mensuais e un contrato dun mes con "posible" ampliación
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta pide aval xudicial para vetar encontros de non conviventes tras o peche dos pubs, aos que limita horarios
Bares e restaurantes terán que pechar ás 12 da noite agás venres e sábado, que poderán facelo á 1, e o Goberno galego volve prohibir o consumo nas barras. Pubs e discotecas terán o peche ás 3, hora á que se aplicaría o que a Xunta denomina "toque de non queda". O Sergas rexistra máis de 3.000 casos novos da COVID en vinte e catro horas mentres as cifras de ingresos seguen contidas pero medra a presión sobre a Atención Primaria e o rastrexo
A Xunta admite forte presión nos centros de saúde e prevé validar positivos COVID con test feitos na casa
Sanidade contempla dar por bos os positivos con test de antíxeno adquiridos e feitos polo propio paciente e, sen necesidade de PCR de confirmación, validar o caso e iniciar trámites como a baixa laboral. Comesaña afirma que tamén prevén "descargar noutros profesionais" que non sexa o persoal médico de familia a xestión das baixas laborais mediante un sistema "automatizado" e "centralizado"
O persoal sanitario pide o apoio da cidadanía ante a "situación crítica" que sofre en hospitais e Atención Primaria
Están convocadas mobilizacións en Lugo e A Coruña que alertan da "sobrecarga" de traballo e da precariedade laboral que leva a unha asistencia máis deficiente aos pacientes. "Os mesmos que loitaron por ti nesta pandemia sen medios e sen descanso precisan a túa axuda", reclaman
- Datos Coronavirus
- Acontece
Noiteboa foi o día con máis PCR procesadas no Sergas dende o comezo da pandemia
Este 24 de decembro o Sergas procesou case 14.000 probas PCR e a súa positividade media a sete días rolda o 15%. Contando todos os tipos de test, na última semana foron realizados en Galicia máis de 140.000
- Datos Coronavirus
- Acontece
Unha pandemia totalmente diferente: máis positivos ca nunca pero ata agora moitas menos hospitalizacións
Mentres as explosións de positivos na segunda e terceira vaga levaron a situacións de saturación hospitalaria, iso non sucedeu na cuarta vaga e tampouco está a suceder, de momento, na quinta. Apenas o 1,13% das persoas cun diagnóstico positivo de COVID en Galicia atópanse ingresadas nun hospital. Esta proporción é a máis baixa de toda a pandemia, só comparable á que se deu nos dous últimos veráns
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma outros tres mil novos positivos de COVID, pero a hospitalización mantense estabilizada
O número de novos positivos detectados na última semana -coincidindo tamén cun récord de probas realizadas- rolda os 15 mil, o que eleva a cifra de casos activos ao máximo da pandemia. Porén, a maioría son asintomáticos. A positividade media mantense en máximos, un 15%. Aumenta lixeiramente o número de camas ocupadas nas UCI e no resto de unidades mantense sen cambios
- Datos
- Acontece
Menos poboación nas cidades e máis nas contornas urbanas e no rural: o cambio de tendencia que provocou a pandemia
A publicación das cifras oficiais do INE confima as tendencias apuntadas anteriormente. Durante o 2020 as sete urbes galegas perderon case 8 mil habitantes, que na súa meirande parte se trasladaron a localidades próximas. Nos vindeiros meses comprobarase se o movemento se mantén ou se reverte.
Consellos para un Nadal sen contaxios: un máximo de dúas unidades familiares nas ceas, máscara e ventilación
Os e as integrantes do Subcomité Clínico que asesora á Xunta difunden as súas recomendacións para reducir o risco de transmisión da COVID nos encontros familiares, limitando o número de persoas nas ceas e mantendo o mesmo grupo ao longo das dúas vindeiras semanas.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia bate récords de probas e casos da COVID no comezo do Nadal mentres a hospitalización frea
O alto ritmo de probas segue facendo aflorar cantidades inéditas de casos confirmados, con máis de dous mil nun día. Polo momento, o ritmo de hospitalizacións segue desacoplado do incremento da incidencia polo papel clave da vacinación. As 268 persoas ingresadas coa COVID ás seis da tarde do xoves eran 9 menos que hai unha semana