As residencias privadas seguirán co persoal ao bordo do salario mínimo e lonxe dos minoritarios centros públicos
O novo convenio, asinado por CCOO e UGT e rexeitado pola CIG, mellora un chisco as condicións laborais pero mantén soldos mileuristas e rebaixa a xornada a un persoal que aínda traballará dez horas máis ao mes que o do sector público.