- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera o millón de persoas coa vacinación completa contra a COVID e a incidencia segue contida en risco baixo
O 41% da nova poboación diana da campaña de vacinación, composta agora por todas as persoas de 12 ou máis anos, ten xa posta a pauta completa e o 62% recibiu polo menos unha dose. O Sergas notifica este luns 56 casos novos do coronavirus os mesmos que unha semana antes, e as persoas hospitalizadas coa COVID son menos de 60 por primeira vez dende mediados de agosto de 2020