A plantación de cen mil árbores autóctonas acompaña o carballo do Banquete de Conxo na súa carreira para ser Árbore Europea do ano
O Concello de Santiago comprométese a plantar 100.000 exemplares de especies autóctonas ata o ano 2030 para acadar o mesmo número de apoios no certame, no que se pode votar ao longo de todo o mes de febreiro. O Avó, de 30 metros de altura e 250 anos de historia, foi testemuña do encontro de confraternización entre estudantes e obreiros en 1856