Acontece
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de camas hospitalarias ocupadas por pacientes COVID cae ao nivel máis baixo dende o 24 de xullo
Segue a haber, iso si, 55 pacientes nas UCI e a cifra de mortes en agosto (106) converte este mes no máis letal dende marzo. A incidencia mantense á baixa en Galicia, aínda que continúan gromos de importancia en Ordes, Monforte, Melide e outras localidades. A cidade de Lugo é a única que empeora entre as sete urbes galegas
Os incendios forestais do ano 2020 tiveron un custo de 151 millóns de euros para Galicia
Segundo os cálculos da asociación Arco Iris a partir dos datos do Ministerio de Transición Ecolóxica, os traballos de extinción das 15.000 hectáreas queimadas ascenderon a 61,5 millóns euros e os gastos de restauración sumaron outros 90 millóns
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia cae ata o nivel máis baixo dende o 10 de xullo
Lugo convértese na cidade con máis casos por habitante, ao tempo que se manteñen gromos de importancia en Baralla, Ordes, Monforte, Melide, Curtis ou Monterroso.
Liberado Pablo Costas, o mariñeiro de Bueu retido en Iemen dende hai 11 meses acusado de pesca ilegal
Costas ten xa o seu pasaporte e agora debe saír do país, probablemente a través dun voo ao Cairo. A CUT, que liderou as mobilizacións para esixir a súa liberación, celebra a medida, pero lembrou as condicións "insalubres" nas que viviu nos últimos meses, "secuestrado nun país en guerra"
- Mapa interactivo Coronavirus
- Acontece
En tres de cada catro concellos galegos máis do 80% da poboación maior de 12 anos ten a pauta completa da vacina contra a COVID
A porcentaxe supera o 90% en Vilar de Barrio e outras oito localidades e nas cidades oscila entre o 76% de Vigo e o 81% de Compostela. Negueira de Muñiz, Avión ou Beariz son os concellos con menos xente vacinada, pero en xeral os datos son máis elevados nas zonas máis envellecidas
Vacinamento obrigatorio?
Xoán Antón Pérez-Lema
Auga para todos?
Antonio Gregorio
O 90% da poboación galega maior de 12 anos ten xa cando menos unha dose da vacina contra a COVID
A vacinación da mocidade entre 12 e 19 anos acada ao 72% e achega o obxectivo de que a gran maioría do estudantado de secundaria inicie o curso escolar coa pauta completa.
Liquar o sexo (II): Menores
Lupe Ces
A Xunta decide permitir en 198 concellos a caza de xabaríns "sen límite de exemplares", todos os días e sen autorización previa
A 'emerxencia cinexética temporal' entra en vigor este venres en 29 comarcas galegas e estenderase ata o 27 de febreiro de 2022. Nos terreos cinexéticos destes concellos as batidas deberán ser comunicadas con 10 días de antelación. O Goberno galego afirma que busca combater os danos á agricultura, os accidentes de tráfico e a expansión da peste porcina africana.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID nas áreas de Lugo e Santiago segue á alza por mor dos gromos de Monforte, Ordes e Melide
A situación continúa a mellorar nas áreas sanitaria de Vigo, A Coruña e Pontevedra, pero o empeoramento que se rexistra en varios concellos do interior leva a un estancamento nas cifras globais galegas.