O atraso na distribución das doses de Janssen engade obstáculos á vacinación en Galicia, que xa chega ao 23,4% da poboación
A aparición nos Estados Unidos de seis casos de tromboses pouco frecuentes entre as sete millóns de persoas vacinadas levou á empresa a paralizar os envíos a Europa. Este mércores estaba prevista a chegada de 300.000 doses a España e 8.500 delas a Galicia.