Acontece
Outro berro masivo en Vigo pide máis medios para unha Atención Primaria "en perigo extremo"
Unhas 20.000 persoas maniféstanse en defensa da sanidade pública e reclaman máis persoal nuns centros de saúde "ao bordo do colapso".
- Datos Coronavirus
- Acontece
Só unha ducia de concellos rexistraron máis de dez casos novos da COVID nas últimas dúas semanas
O Sergas leva case dúas semanas rexistrando menos de cen casos casos diarios e a Xunta admite que a incidencia vai perder máis peso como criterio para establecer restricións. A cobertura da vacina con pauta completa supera xa o 90% da 'poboación diana' da campaña de vacinación tras pasar do 80% no grupo de 20 a 29
O 77% dos abortos practicados o pasado ano en Galicia realizáronse en centros privados
No ano 2020 tan só catro hospitais galegos realizaron algún aborto. A cifra galega de interrupcións voluntarias do embarazo, con todo, mellora o dato do conxunto do Estado (15%). Pouco máis do 2% dos abortos foron solicitados por mozas de 16 e 17 anos, que poderían recuperar o dereito a facelo sen permiso dos seus proxenitores
Un Goberno inconsecuente, que se considera inmune, como “El Rey”
Renato Núñez
O TSXG avala a protección da praia da Lanzada decidida pola Xunta ante o intento de considerala un areal "urbano"
No ano 2019 o areal foi clasificado como "praia natural", o que impide a instalación de chiringuitos fixos e de gran tamaño. Unha asociación presentou unha demanda para invalidar esta caracterización, pero o alto tribunal galego subliña que todo o espazo se atopa integrado na Rede Natura 2000.
O xuíz reitera que non ve delito nas gravacións a mulleres na Maruxaina difundidas en webs pornográficas
O xuíz sinala que, ao seren gravacións na vía pública, os feitos non encaixan no artigo do código penal relativo á vulneración da intimidade e "tampouco cabe apreciar delito contra a integridade moral". Considera que as eventuais sancións corresponden ao eido civil. Mulleres afectadas polas gravacións recorrerán o novo arquivo ante a Audiencia Provincial de Lugo
O ecoloxismo reclama da Xunta máis axudas á gandaría para compensar os ataques do lobo, que matan dúas mil reses ao ano
Os ataques mantéñense estables nos últimos anos e no 2020 supuxeron a morte do 0,55% das ovellas e do 0,07% das vacas de Galicia. O gando ovino é o que sofre máis danos e a provincia de Lugo o territorio máis afectado.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Setembro remata en Galicia coa COVID en mínimos e a vacinación masiva a piques de rematar
As incidencias acumuladas a 7 e 14 días son as máis baixas dende que hai datos comparables e a súa tendencia continúa sendo descendente. Fronte ás máis de 6.000 hospitalizacións na vaga posterior ao Nadal, a que vén de pasar apenas superou as 2.000, unha mudanza na que é clave a ampla extensión das vacinas, con algo máis dun 83% da poboación coa pauta completa
A aposta pola recuperación dos soutos nos Ancares, con premio: un monte máis produtivo e protexido dos incendios
O proxecto impulsado pola Deputación de Lugo na Reserva da Biosfera foi galardoado en Alacante entre unha vintena de iniciativas innovadoras para o desenvolvemento sostible do territorio. A recuperación dos montes de castiñeiros supón unha fonte de ingresos complementaria para as explotacións agrogandeiras e contribúe á conservación de hábitats protexidos e ao mantemento da súa biodiversidade
Que vas facer cos teus 200 euros anuais?
Antonio Gregorio
A incidencia máis inmediata da COVID en Galicia é a menor dende que hai datos comparables
Os 17 casos novos por cada cen mil habitantes que Galicia rexistra nos últimos sete días supoñen o nivel máis baixo dende que a capacidade diagnóstica é equiparable á actual. Os concellos que rexistraron máis de 10 casos novos nos últimos 14 días son apenas unha vintena e tras superar o 83% da poboación con pauta completa da vacina, o Sergas dá por pechada a fase da inmunización masiva e céntrase en captar persoas pendentes da primeira inxección