A retirada de Simone Biles dos Xogos Olímpicos pon o foco global na saúde mental e no seu agravamento na pandemia
A estrela da ximnasia abandona a competición en Toquio e deita luz sobre un problema tantas veces agochado e agravado pola COVID.
A estrela da ximnasia abandona a competición en Toquio e deita luz sobre un problema tantas veces agochado e agravado pola COVID.
Tras anos de devalo, os organizadores da feira taurina víronse obrigados a cancelala en 2020 por mor da pandemia e neste 2021 admiten que as medidas pola COVID converten en "inviable" o evento, que ía ter unha soa xornada. O colectivo 'Touradas fóra de Pontevedra' subliña a súa principal reivindicación tras dous anos sen o evento: a conversión da praza de touros nun centro cultural
Coa tramitación para contratar un sistema estable paralizada, a empresa encargada pola Xunta deriva persoal doutras campañas ao control do coronavirus en Galicia ante a imposibilidade de cubrir as vacantes ofertadas.
Sanidade notificou este martes 1.300 casos novos e, nos últimos sete días, diagnosticou unha cifra media semellante de infeccións activas cada xornada. O ritmo de crecemento da incidencia segue freando e tamén tende a estabilizarse o incremento da hospitalización, que segue á alza pero moi por baixo de anteriores vagas
Os datos da primeira metade do ano, habitualmente mellor que a segunda metade, están dez días por riba do límite fixado na lei de garantías sanitarias
A vacinación masiva deixa os centros de saúde sen enfermeiras, que dobran quendas para cubrir vacacións e asumen máis carga de traballo polo impacto dunha onda que se ceba na medicina familiar.
O Sergas notifica este luns 1.115 casos novos e diagnosticou unha media diaria dunhas 1.277 infeccións activas na última semana. Entre as seis áreas nas que a incidencia a 7 días aínda non diminúe a máis próxima a entrar en terreo de descenso é a de Pontevedra-O Salnés. Ás seis da tarde do domingo había 258 persoas ingresadas con test positivo, 118 máis que hai unha semana
Esta enfermeira, que puxo a primeira dose contra a COVID en Galicia, recibiu en representación de todo o colectivo sanitario a Medalla de Ouro de Galicia ao dispositivo de vacinación e alerta da saturación da Atención Primaria nesta quinta onda da pandemia.
Os 1.370 novos positivos son menos que os rexistrados nas tres xornadas previas mentres a clara melloría de Ourense contrasta coa aínda mala evolución da maioría do resto de cidades
Na última xornada rexistráronse outros 1.412 positivos, menos que nas dúas xornadas precedentes
O Sergas notifica máis de 1.500 casos rexistrados nun día e volve evidenciar que a maior parte son das persoas menos protexida ata agora pola vacinación. O Grove, Sanxenxo ou Cambados son os concellos coas incidencias máis altas a 14 días. Tamén a cidade de Ourense onde, non obstante, o freo no incremento é claro. O incremento da carga asistencial segue concentrándose na Atención Primaria e no rastrexo.
“Fixemos unha composición sobre que vacinas quedarían libres” en función de “como evoluciona” a campaña activa aos grupos de idade superior e “as persoas que non acoden”, di Feijóo