Aumentan as mulleres galegas sen fogar, con máis risco de sufrir violencia de xénero
Representan ao redor do 20% das persoas en situación de senfogarismo en Galicia, pero moitas delas sofren situacións moi graves, con violencia de xénero e agresións sexuais. Ademais, unha gran parte das mulleres nesta situación non son detectadas polos servizos sociais. Un estudo de Política Social realizado pola USC afonda nesta realidade.