Acontece
- Buscador Coronavirus
- Acontece
Os centros de ensino volveron da Semana Santa con menos de 350 casos de COVID pero aumentaron noutros 35 nos últimos días
Só hai catro aulas pechadas en toda Galicia tras a mellor semana de todo o curso nese eido
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas suma 206 novos casos de COVID-19, a cifra máis alta do último mes
Os casos activos volven medrar en todas as áreas agás a de Ferrol mentres a hospitalización mantense estable
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta matiza a obriga de máscara no deporte ao aire libre mentres a incidencia da COVID segue estable
A incidencia da COVID-19 a 14 días rolda os 68 casos novos por cada cen mil habitantes para o conxunto de Galicia e o indicador a 7 días sitúase arredor dos 32. O Sergas administra 33.000 doses máis de vacinas e o 20% da poboación xa recibiu polo menos unha
Un programa da TVG expón unha muller a reencontrarse cun ex-mozo co que rompera por controlala
O programa 'Land Rober' promoveu o reencontro a petición do ex-mozo e presentouno como unha "sorpresa" a prol do "amor". Tras sinalar a muller que rematara a relación por mor de condutas controladoras, o presentador pediu perdón pola "torpeza" cometida. Colectivos feministas, persoal dos medios públicos, Colexio de Xornalistas e formacións políticas da oposición esixen explicacións á CRTVG e que o acontecido non se repita
A Audiencia da Coruña absolve un acusado de maltratar e raptar a parella porque "tivo a posibilidade de fuxir" e non o fixo
A sentenza condena o home a sete meses por coaccións de xénero, pero absólveo dos malos tratos, extorsión, detención ilegal e lesións que lle imputaba a Fiscalía.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O uso de máscara queda en Galicia sen apenas cambios coa COVID estable e á espera das mudanzas na vacinación
O Sergas suma 132 casos novos do coronavirus e as incidencias a 7 e 14 días seguen estables, arredor dos 33 e os 67 casos novos por cada cen mil habitantes, respectivamente. A suspensión da vacinación con AstraZeneca a menores de 60 implicou a cancelación de 1.403 citas este xoves en Galicia; as autoridades sanitarias deben decidir agora que facer coa segunda dose e se administrala a maiores de 65
- Entrevista | Pepe Cabido
- Acontece
"Son necesarios novos referentes masculinos: heroes que coidan, que dan vida, que amosan os seus sentimentos"
Xosé Cabido, mestre de Filosofía no ensino secundario, imparte dende hai anos obradoiros sobre igualdade a mozos adolescentes. Este venres ofrece a través de Semente un curso online dirixido a familias, profesorado e profesionais no que amosará como traballa cos rapaces buscando "masculinidades disidentes"
A EMA conclúe que a vacina de AstraZeneca ten máis beneficios ca riscos e os trombos son un "efecto secundario moi raro"
Tras analizar 86 casos de tromboses entre uns 25 millóns de persoas vacinadas, a Axencia Europea do Medicamento reafirma que "os beneficios da vacina continúan sendo maiores que os riscos para as persoas que a reciben". Horas despois, o Consello Interterritorial de Saúde decidiu pasar a administrala só á poboación maior de 60 anos
- Datos Coronavirus
- Acontece
Fin do veto ás reunións de non conviventes nas casas mentres a incidencia da COVID segue estable en Galicia
O Sergas suma 181 casos novos nun contexto de incidencias acumuladas practicamente planas tanto a 7 como a 14 días. Tras a normalización das cifras ao finalizar o período festivo, as persoas hospitalizadas co coronavirus volven ser menos de 200
Un novo espigón para paliar os efectos doutro: o próximo capítulo da loita á que foron condenadas as praias de Foz e Barreiros
A canalización da ría para mellorar o porto nos anos 70 e 80 baleirou o areal de Altar en beneficio do da Rapadoira e agora o Goberno central quere estabilizar a situación con novas obras e dragaxes por 3,5 millóns de euros
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rematou a Semana Santa con máis de 200 persoas coa COVID no hospital e os novos casos aínda estancados
O Sergas suma 140 novos casos nuns datos epidemiolóxicos que aínda non reflicten os posibles contaxios nas recentes xornadas festivas. O país rexistra 67 casos novos por cada cen mil habitantes a 14 días e algo menos da metade a sete días. En algo máis de 140 concellos non se rexistraron casos novos en dúas semanas