Acontece
- Interactivo O foco na transparencia
- Acontece
Así repartiu a Xunta 6,5 millóns de euros aos centros de ensino públicos para gastos extra pola COVID
A Valedora do Pobo obriga a Educación a desvelar, tras unha petición de transparencia de Praza.gal, o reparto dos fondos, que van dos 600 euros do colexio de Ombre en Pontedeume aos 31.000 do Ponte dos Brozos en Arteixo
O impacto na saúde mental agrávase ao ano do confinamento: saturación nas consultas e escaseza de medios
A pandemia provoca o aumento da ansiedade de da depresión entre a poboación, especialmente na mocidade. Profesionais advirten da situación "precaria" coa que Galicia afronta a problemática pola falta de recursos de atención psicolóxica na sanidade pública.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID estáncase en Galicia no menor nivel dende agosto e sen completar o alivio dos hospitais
O número de hospitalizados por coronavirus volve baixar, ata 320, pero hai aínda 75 persoas nas UCI. Sanidade suma 112 casos novos fronte aos 277 da xornada anterior.
Galicia vacina contra a COVID case 15.000 persoas nun día, cun ritmo que alcanzou as "doce persoas por minuto"
Máis do 90% das persoas de entre 50 e 55 anos convocadas acudiron á cita e o 86% recibiu finalmente a primeira dose de AstraZeneca durante a primeira xornada de vacinación masiva en 14 espazos das sete áreas sanitarias.
Os casos de COVID ligados ao ensino soben a 484 e rachan coa tendencia á baixa do último mes
O maior incremento dáse na área de Ferrol logo dun brote de 29 positivos nun colexio. O número de aulas clausuradas mantense en 23 e tan só hai un centro pechado.
18 anos
Antonio Gregorio
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos de COVID repuntan en Galicia, que aumenta tamén as hospitalizacións en UCI
Os brotes nunha residencia de Silleda e nun colexio de Ferrol inflúen no aumento na detección de casos, que chega a 277, a maior cifra un sábado desde o pasado 19 de febreiro. Increméntase en cinco o número de doentes en coidados intensivos.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta deixa só nove concellos con restricións de mobilidade pola COVID e centra na Coruña a procura de asintomáticos
Cinco municipios continuarán dende o luns no nivel máximo, con peches perimetrais individuais e veto aos encontros entre non conviventes. O Sergas suma 167 casos novos e a media diaria de diagnósticos por PCR a sete días tende ao estancamento en niveis semellantes aos de mediados do pasado agosto. A hospitalización ordinaria experimenta outro lixeiro descenso e queda en 330 persoas, pero nas UCI hai aínda 73 pacientes coa COVID
Prisión provisional para o presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra, investigado por branqueo
O Xulgado de Instrución número 2 de Vigo decreta o ingreso na cadea do máximo dirixente da entidade, da súa muller e da súa filla.
Valença e Tui planifican unha nova ponte sobre o Miño, a terceira en estudo a sumar ás cinco xa existentes
Un concurso de ideas deseñará un parque ao longo do río que integre máis a eurocidade cunha vía peonil e ciclista de 5,7 quilómetros
As probas de vacinación masiva contra a COVID abren unha fase de aceleración da inmunización en Galicia
Este xoves aplicáronse mil doses da vacina na Cidade da Cultura e o sábado administraranse outras 17 mil en recintos feirais e hospitais de 13 cidades e vilas. Nos últimos 15 días Galicia puxo máis de 120.000 vacinas e espérase que no mes de abril cheguen ao redor de medio millón de doses.