- Datos Coronavirus
- Acontece
Menos pacientes COVID por primeira vez en vinte días nas saturadas UCI de Galicia, que traspasa o pico da terceira vaga
As 247 persoas nas UCI con test positivo supoñen aínda unha cifra moi elevada e Sanidade prevé que a forte presión hospitalaria continúe nos vindeiros días malia ás primeiras baixadas. O Sergas suma 1.141 novos casos da COVID e as incidencias a 7 e 14 días modéranse. Saúde Pública di ler con "cautela" a posible mellora porque as incidencias seguen sendo moi elevadas e tamén por factores como os posibles casos "en estudo" da variante inicialmente detectada no Reino Unido