Acontece
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
Unha décima parte da poboación galega vive en concellos sen casos novos da COVID na última semana
Cos datos pechados a 1 de marzo, 155 concellos non rexistraran casos novos da COVID-19 nos sete días previos. Ata 86 deles acumulaban nesa xornada dúas semanas 'libres' do coronavirus
As restricións suavízanse na área sanitaria de Ferrol, mentres só Soutomaior fica no nivel máximo de alerta
A poboación dos concellos ferrolterráns recupera a mobilidade pola maior parte de Galicia. As áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra son as únicas que continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Fóra delas, tamén se atopan nesta situación Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Menos de cen casos da COVID nun día en Galicia por primeira vez dende agosto tras máis de 400 mortes en febreiro
Tras dous meses seguidos con máis de 400 mortes de persoas que contraeran a COVID-19, o total chega xa ás 2.252. Apenas media decena de concellos superan os 500 casos novos por cen mil habitantes a 14 días, limiar que a Xunta fixara para o máximo nivel de restricións
Madrid e Lisboa habilitan novos pasos fronteirizos temporais pero manteñen só Tui e Verín como permanentes
Malia as reclamacións de maior flexibilidade para o persoal transfronteirizo que chegan desde a raia, os gobernos centrais seguen a restrinxir os movementos pola COVID en cinco puntos a só seis horas ao día
A Xunta estima que a nova variante da COVID está presente en Galicia en máis do 80% dos novos casos
A prevalencia na cepa descuberta no Reino Unido vén medrando nas últimas semanas. Con todo, a porcentaxe pode variar moito, xa que está baseada na secuenciación dun número moi reducido de mostras aleatorias, menos de 100 por semana.
A metade dos usuarios dos centros de día causaron baixa por medo, deterioración ou morte tras o peche pola COVID
Un informe da Asociación de Centros de Día de Galicia debulla o impacto da pandemia nestes espazos e destaca que o 46,5% das persoas usuarias non volveron tras o peche "excesivo e equivocado" durante catro meses.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Freo no alivio da hospitalización por COVID na xornada con menos casos rexistrados en Galicia dende agosto
O total de persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus segue sendo dunhas 200 máis que antes do Nadal. Os 104 novos casos que suma o Sergas son a cifra máis baixa dende os primeiros días de agosto e os concellos sen novos casos nas últimas dúas semanas roldan os 80. Á espera da consolidación dos datos, febreiro de 2021 é xa o terceiro mes con máis mortes ligadas á pandemia
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos de COVID volven ao nivel de antes do Nadal pero as mortes deixan de baixar
Os falecementos levan dez días estancados nuns oito por xornada ao igual que tamén frea o descenso da incidencia en varias cidades
Desisto?
Antonio Gregorio
“Deficiencias ou incumprimentos” no 31% dos 4.100 establecementos que inspeccionou Sanidade pola COVID en tres semanas
O conselleiro di que na hostalería “hai unha cantidade moi considerable que non abriu coas condicións fixadas” e advirte de que “os que incumpren xóganse o peche futuro”
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os casos de COVID que afectan a centros de ensino achéganse aos niveis anteriores ao Nadal
Hai un ano a Xunta ditaba as primeiras recomendacións no eido educativo pola pandemia e pedía aos centros evitar viaxes a zonas afectadas polo coronavirus