As autoridades sanitarias definen os grupos prioritarios de vacinación contra a COVID ata a poboación entre 45 e 55 anos
Despois das maiores de 80 anos, as seguintes serán as persoas entre 70 e 79, entre 60 e 69 e, posteriormente, as de menos de 60 "con condicións de risco alto de padecer enfermidade grave pola COVID". En paralelo recibirá a vacina de AstraZeneca o persoal esencial e, a continuación, as persoas entre 45 e 55 anos.