A COVID provocou en Galicia 132.300 baixas laborais, que foron adiantando a evolución da pandemia
As cifras diarias sobre incapacidades temporais polo coronavirus previron con moita precisión a incidencia da doenza. No que vai de ano tramitáronse xa máis de 42.000 baixas, chegando a rexistrarse 3.350 nun só día.