Acontece
'Ecos da galerna do 61': a traxedia que azoutou a costa norte galega hai 60 anos
O 12 de xullo farán 60 anos dunha galerna no Cantábrico que causou unha enorme traxedia desde a costa norte galega. Foron máis dunha ducia de buques afundidos e máis de 80 mortos, 34 deles galegos, nun impoñente temporal contra o que moitas persoas loitaron durante case tres días no mar.
O Consello de Europa insta á Xunta a eliminar "as limitacións para o ensino en galego"
O Comité de expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas alerta de que "o coñecemento xeral do galego parece diminuír" e sinala que "está presente só nunha fracción dos centros de educación infantil". Así mesmo, tamén pide medidas para asegurar que se pode utilizar nos procedementos xudiciais.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia mantense estable nunha nova xornada sen positivos nas residencias e sen mortes
A media diaria de novos positivos nos últimos sete días (121) é lixeiramente superior ao da semana anterior, o que podería estar indicando un cambio de tendencia. Ademais, as hospitalizacións aumentan con respecto á semana anterior por primeira vez dende o mes de xaneiro.
- Datos Coronavirus
- Acontece
As residencias galegas quedan sen casos COVID de usuarios noutro día con estabilidade nos datos xerais
A última actualización de datos do Sergas suma 138 novos casos do coronavirus e non rexistra mortes nas vinte e catro horas previas. As mortes coa COVID de persoas que vivían en residencias pasaron de ser o 40% do total a apenas o 6% tras a vacinación
Os primeiros grandes incendios da primavera queiman máis de 300 hectáreas en Galicia
O rexistrado en Folgoso do Courel queimou xa 200 hectáreas e obrigou a activar a situación 2 pola proximidade do lume ás casas.
Graciñas, Mercediñas
Manuel Suárez Suárez
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia vacinou o 64% das persoas de máis de 80 anos, seis puntos por debaixo da media do Estado
Con todo, a porcentaxe total de persoas vacinadas con cando menos unha dose é superior en Galicia, polo maior peso da poboación de idade avanzada. O 31% dos maiores de 80 recibiron xa a segunda dose en Galicia, que espera completar a súa inmunización a finais de abril
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia encara os festivos da Semana Santa coa incidencia global da COVID aínda estable, pero xa á alza na área de Vigo
Galicia mantense na contorna dos 69 casos novos por cen mil habitantes a 14 días e a incidencia a 7 días aínda é de algo menos da metade, uns 34. O Sergas rexistra menos de 200 persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus por primeira vez dende o pasado setembro
Negacionismos e negacionistas
Xosé Mª Dios Diz
O ‘canal’ de Fisterra creado en 1994 e ampliado tras o Prestige ten o dobre de tráfico que Suez
Cada día pasan máis dun cento de barcos polo dispositivo de separación de buques que ordena a circulación fronte a costa galega
Sanidade elimina o límite de idade para a vacina de AstraZeneca pero resérvaa para as persoas menores de 65 anos
Ademais, a Comisión de Saúde Pública decidiu que a vacina de Janssen, xa aprobada e que comezará a chegar a mediados de abril, será aplicada ás persoas maiores de 65 anos. As propostas contaron co voto favorable de todas as comunidades autónomas, agás de Galicia, que se abstivo.