- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia agarda polo efecto da terceira 'desescalada' coa menor incidencia da COVID-19 en cinco meses
Galicia rexistra uns 130 caso novos da COVID por cada cen mil habitantes nos últimos 14 días e arredor de 50 na última semana e o Sergas admite a necesidade de cautela á espera dun maior alivio nos hospitais, onde aínda hai máis de 400 persoas ingresadas con test positivo do coronavirus, e tamén ata ver o efecto da 'desescalada'. O Sergas xa computa 2.256 mortes de persoas que contraeran a doenza.