Acontece
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma máis de 500 positivos de coronavirus nun día por primeira vez dende marzo
A área sanitaria de Santiago acumula 131 dos 532 novos casos rexistrados polo Sergas en vinte e catro horas. O cómputo oficial rexistra nove mortes máis, tres delas de persoas que vivían en residencias e outra, dunha paciente oncolóxica afectada polo brote no hospital provincial de Pontevedra
Un concello en vermello pola COVID non sempre significa o mesmo: guía para non perderse nas cores da Xunta
Os mapas da Xunta sobre a incidencia da COVID-19 nos concellos mesturan indicadores diferentes para sinalar niveis de "alerta" que, á súa vez, non se corresponden cos utilizados para aplicar restricións, e representan coa mesma cor municipios en situacións epidemiolóxicas moi diferente. No caso de aplicar as directrices xerais da nova guía do Ministerio, coa que o Goberno galego di concordar, os niveis de alerta do Sergas si pasarían a corresponderse cos niveis de restricións
"Cómpre evitar a estancia en lugares pechados sempre que sexa posible e ventilar de forma continua"
O profesor da USC Juan Gestal destaca que a ventilación continua dos espazos pechados é un dos instrumentos fundamentais para loitar contra o coronavirus. O CSIC recomenda abrir as fiestras cada dez minutos e de forma cruzada (ventás e portas a ambos lados). Anpas Galegas reclama criterios claros sobre como facelo e medios alternativos para renovar o aire das aulas.
A residencia do Pereiro de Aguiar, intervida pola Xunta, suma 20 mortes relacionadas co coronavirus este mes
No conxunto das residencias galegas houbo 38 falecementos de persoas con covid-19 no que levamos de outubro, a maior parte na provincia de Ourense, e un total de 90 na segunda vaga da pandemia. Nas últimas 24 horas rexistráronse 11 falecementos en toda Galicia, o que eleva a 100 a cifra dende o 1 de outubro.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma once mortes e rolda os 500 casos de coronavirus no día con peor evolución da segunda vaga
Os 472 novos casos que suma o Sergas supoñen o máximo da segunda vaga en vinte e catro horas nas que foron realizadas algo máis de 6.500 probas PCR. A incidencia acumulada próxima aos 200 casos por cada 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas e as máis de 360 persoas hospitalizadas tamén supoñen os niveis máis altos dende o verán
- Guía Coronavirus
- Acontece
A Xunta activa as restricións polo coronavirus máis estritas dende o desconfinamento
Nos 302 concellos con restricións nivel 2, alén do veto aos encontros de máis de 5 persoas rexe a limitación xeral de capacidade do 50% ás actividades en espazos interiores de uso público. Nos once concellos con medidas de nivel 3, os límites son máis estritos para as reunións e en tres contornas da provincia de Ourense rexe o confinamento perimetral.
As universidades botan man do voluntariado para organizar o cribado masivo da COVID que impulsa a Xunta
A Xunta enviou 50.000 tests rápidos de dobre banda ás tres universidades, que se encargan da loxística e tiran de estudantado e profesorado de Enfermaría para realizar as probas.
Menos tempo de viaxe, pero menos trens: o coronavirus desloce a apertura do antepenúltimo treito do AVE coa Meseta
A entrada en servizo o martes de máis de cen novos quilómetros entre Zamora e Seabra reduce a menos de catro horas as viaxes entre Ourense e Madrid, pero con só catro Alvia diarios por sentido fronte aos seis anteriores á pandemia
- Datos Coronavirus
- Acontece
344 centros de ensino teñen casos de coronavirus en Galicia, pero só dous están pechados
A Xunta cifra en 608 os positivos de coronavirus entre alumnado e profesorado e di que solicitou "informes de expertos" sobre "os criterios axeitados de ventilación" nos centros educativos para previr a COVID-19
- Datos Coronavirus
- Acontece
Ourense suma un cento dos 447 novos casos da COVID e ten apenas un terzo de concellos sen restricións especiais
Na capital ourensá a incidencia do coronavirus a 14 días comeza a remitir, pero segue por riba dos 460 casos por 100.000 habitantes na provincia. Os case 5.500 "positivos activos" en toda Galicia son a maior cifra da segunda vaga e practicamente igualan o máximo da primeira, cando eran realizadas moitas menos probas
Cando a tecnoloxía axuda a coidar: ″se me quitan a teleasistencia, non podería estar soa na casa″
A Deputación de Lugo conta con 1.795 prazas no Servizo de Teleasistencia a Domicilio, que de maneira gratuíta favorece a autonomía e a permanencia no seu entorno a maiores de 65 anos