- Datos Coronavirus
- Acontece
Récord de probas PCR en Galicia no segundo día con máis mortes da segunda vaga da pandemia
Este 30 de setembro foron procesadas en Galicia máis de 6.800 PCR; o día con máis probas na primeira vaga non chegou ás 4.200. A media semanal de casos novos descende dos 200 ao día por primeira vez dende finais de agosto; o Sergas destaca que un dos pacientes falecidos non tiña ningunha "patoloxía previa". A peor evolución continúa en Ourense.