- Datos Coronavirus
- Acontece Lugo
Os casos que dispararon o brote de coronavirus da Mariña iniciaron os seus síntomas entre o 26 e o 28 de xuño
Os dez primeiros, detectados o 23 de xuño, iniciaron os seus síntomas o día 18, pero un total de 81 persoas comezáronos uns días máis tarde, segundo os datos publicados polo Instituto Carlos III. A pesar de que o brote se concentra na Mariña, as cifras do conxunto de Galicia superan moito os niveis de novos positivos existentes a finais de maio.